os camiños da vida

Da utilidade da lingua finlandesa

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

X.L. MÉNDEZ FERRÍN Cando eu nacín, en 1938, había só vinteún anos que Finlandia se independizara do dominio de Suecia. Durante uns tres séculos, o finés ou finlandés estivo reducido á condición de patois ou lingua oral e subalterna das clases inferiores en canto o sueco era a lingua superior das administracións públicas, do exército de ocupación, do diñeiro, dos terratenentes e dos tribunais de xustiza. O finlandés, defendido apenas polos patriotas e conservado polas camadas populares, non superou a súa condición miserábel máis que a partir da independencia producida en 1917 a consecuencia da Revolución rusa de Outubro. No século XIX a literatura finesa saíra da oralidade (co Kalevala) e convertérase en literatura culta e escrita.

A medida que Finlandia, no século XX, se facía ceibe e neutralista no plano internacional, a lingua propia afortalábase e o sueco retrocedía deica o estatus de segunda lingua, de carácter cooficial. Como todos os países que coñeceron a humillación lingüística, a Finlandia independente é respectuosa coas minorías. As comunidades lapona, carelia, livvi, de linguas semellantes ao finlandés, son protexidas nas súas respectivas peculiaridades.

O finés, da familia finoúngria, é un idioma sumamente diferente da mioría dos falados no noso Continente, case todos indoeuropeos. O único estado de Europa cuxo idioma garda parentesco co finlandés é Estonia. Por iso a comunidade finlandesa ofrece, para algúns, un certo aspecto de singularidade ou insularidade lingüística, como ocorre coa vasca e coa húngara, digamos. Os finlandeses non viron esta súa condición coma un mal nin como unha maldición bíblica. Antes ao contrario, a plena asunción da súa diferenza impeleunos ao multilingüismo, sempre partindo de que a propia é a lingua que os fai ser eles mesmos no mundo. Todos saben en Finlandia que o finlandés representa a identidade nacional e a cultura propia e que o sueco só é un residuo da colonización e do imperialismo de antano. Reducido o sueco tamén en Suecia á condición de lingua vernácula ou doméstica, os finlandeses seguen a recoñecelo por respecto á minoría que aínda o usa e por lles proporcionar boas liñas de contacto co reino veciño: en Suecia case ninguén sabe finlandés pro en Finlandia case todos saben sueco. Por parte, alén de dispór dun sector de poboación con bons coñecementos de ruso, os finlandeses avanzaron, sobre todo na segunda metade do século XX, na adquisición do inglés como lingua de trasfego internacional.

En Finlandia, pois, vive e traballa un pobo que ama, practica, estuda e protexe o seu propio idioma e que, ao mesmo tempo, protexe os das comunidades minoritarias que no seu territorio existen, incluído o dos antigos orpresores. O que non lle impide botar man, por utilitarismo, doutras linguas que lles poidan servir para as relacións exteriores.

Eu non sei se a cita non será apócrifa, pro élle atribuído a Baraja o dito de que "o nacionalismo se cura viaxando". A verdade é que cada vez que eu viaxo fora de España, inclusivemente a Valença do Minho, regreso a Galicia máis nacionalista galego. Eu penso que os do Club Financeiro de Vigo/ Galicia Bilingüe deberían viaxar a Finlandia. Alí verían que a "rara" e isolada lingua nacional lle resulta verdadeiramente útil ao seu pobo para este dotarse do mellor sistema educativo de Europa e para ocupar o posto décimo no Indicativo de Desenvolvemento Humano (esperanza de vida, alfabetización de adultos, escolaridade xeral, PNB real por habitante). Se estes galegófobos fixeran tal estadía seguramente poderían curarse do seu nacioalismo burgalés e chegarían a comprender o último comunicado que, so o título de Unha lingua para todos, acaba de lanzar a Academia Galega á opinión pública.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009