FELIPE SENÉN É MUSEÓLOGO E TÉCNICO DE XESTIÓN CULTURAL FELIPE SENÉN
Ten un unha estrela no chan do paseo da fama de Holliwood, e agora segue o camiño das estrelas , o dos seus devanceiros e que desemboca no sartego do Apóstolo, en Compostela. Vén na busca de localizacións para cumprir encargos anteriores: o rodaxe dunha película sobre o camiño a estes confíns, a un tempo que reafirma as súas raiceiras galegas. Os medios ofrecéronolo, e vímolo apampado, emocionado, como ante un novo Apocalypse. Moendo cavilares como nas súas interpretacións. Agora ás portas dun Pórtico da Groria e ante os abaneos aéreos do botafumeiro, o fume do incienso, os tiraboleiros, a música do órgano e as negras sombras afia os sentimentos. Ese camiño de retorno ás raiceiras fixoo o actor estadounidense Martin Sheen. Proximamente baixo a dirección do seu fillo Emilo Esteve, que o acompañou, rodará unha película sobre o Camiño de Santiago, The Way. Como argumento a historia dun pai que ven a recoller as cinzas do seu fillo morto. A orixe está no encargo que lle fixera o presidente Touriño, denantes das eleccións, de cara a unha colaboración que tería por escenarios o camiño, Galicia e súmase ó proxecto a actores galegos. O asunto presentóuse no pasado febreiro na madrileña sala da Aige (Artistas, Interpretes, Sociedad y Gestión) e fíxose cun axeitado suspense cinematográfico en acto presidido por Pilar Barden. Seguíulle unha guerra de críticas mediáticas por parte da entón oposición "que se deixe de reunións fashion con actores de Holliwood". Agora, o novo goberno da Xunta recibe a Martin Sheen: o Conselleiro de Cultura regálalle un pequeno botafumeiro de prata e o pasado queda esquecido entre novos inciensos, para algo sirven.
Alégranos recuperar a historia perdida, saber dos fillos e dos emigrantes galegos, aqueles que deixaron ós seus, casa e terra para vivir e adentrarse en mundos descoñecidos, sufrir as purgas aduaneiras, as humillacións... deica facerse e convivir co mundo, esquecendo. Este pode ser o caso de Paco Estevez, natural da parroquia de Parderrubias Salceda de Caselas, que se foi a facer as américas, e que se casou cunha irlandesa Mary Anne Phelan para compartir penas, historias, lenda atlánticas e desterros comúns. País de dez fillos, un deles, o sétimo Ramón Xerardo Antonio Esteverz, nacido en Dayton, Ohio no 1940. As noticias axudan a furar nestas cuestións: comenzos en Brodway estreet, vello camiño dos indios, entrometéndose pola cuadrícula matemática de New York, de luces e músicas, co Times Square, un atractivo ombigo do mundo, punto no que expresarse. Onde o fillo de Paco de Parderrubias se estrea como actor de teatro. Dende entón tomará o nome artístico de Martin Sheen, en honra do entón bispo de NY. Un xeito de comenzar e facerse ver. No 1974 recibe un premio Emmy pola serie televisiva A execución do soldado Slovir, actuación na que repara o sempre arriscado e ó carón da creba, Francis Ford Coppola, para rematar uníndoo ó reparto a Marlon Brando (Coronel Kutz), i encumbralo co papel do capitán Benxamín L. Willard na superproducción Apocalypse Now. Con guión baseado en Heart of Darknss (Corazón das Tebras ), novela de Joseph Conrad. Papel que inicialmente era para Al pacino, pero este renuncia e abre novos camiños para Sheen. A tensión do enguedellado argumento sobre a guerra do Vietnan, con tanta crueldade, mesmo parece contaxiar a un rodaxe prolongado e rodeado de accidentes: un furacán tropical destroza os decorados, baixas de actores por enfemidades... e para máis inri Sheen sofre un infarto, con extremaución incluida. Reponse e segue o film: mestura de ruido de hélices de avións sobre o ceo, de ventiladores en habitacións sórdidas... miramos a guerra dende os ollos do capitán Willard, toleando entre o sangue e a xungla, entre o fume das bombas ou dos cigarrillos e o wisky. Inquietude ante os demos interiores que saen pola demencia da guerra, borracho, derrotado. Sheem móstrase tal cal estaba naqueles momentos, o actor sucumbe ante as pretensións de Coppola: vivir a historia contada.
Actor de películas con certo compromiso ético, á vez que comercial. Asi o vimos en Gandhy e Wall Street, mesmo como presidente dos Estados Unidos en A ala oeste da Casa Blanca, papel polo que recibe o Globo de ouro ó mellor actor. Galardón ó que xa, media ducia de veces, fora candidato. Actor en Infiltrados, de Scorsese, xunto a Leonardo Di Caprio e Jack Nicholson. Película que recibe dous Oscars, como a mellor dirección e guión. Poderémolo ver tamén en Bordertown de Gregory Nava, xunto a Jennifer López e Antonio Banderas.
Sheen é pai do director e guionista Emilio Estevez e do tamén actor Charlie Sheem... Sangue e saga de celuloide que parte de Galiza, país que aínda non ten espazos, museos nos que se nos explique a súa Historia do Cine: dende os titiriteiros ós cinematografos, a industria e a empresa, os actores... Sellier, Lino Perez, os Pita, Isaac Fraga, Cesáreo Gonzalez, Fernado Rey... e tantos fillos e netos que se perden no mundo, ou os que, algunha vez, escolleron Compostela, seu camiño ou esta terra para vir, rodar e seguir sendo, como Cary Gran, Polansky Antony Quinn, a peregrina Shirley Mac Laine, Alec Guinness, Barden, Amenabar, Almodovar, Cuerda... ilusións, estrelas, cultura, economía e vida, ó fin.