EN DIRECTO

Mariano, Mª Dolores e Barack

 01:50  

LINO BRAXE Levamos unha semana ben axitada. O caso Gürtel ou Crutel, como algún xa lle da en chamar, ocupou todas as portadas dos xornais e dos informativos radifónicos e televisivos. O máis pasmoso non son os dazasete mil folios, senón a linguaxe obscena que algúns dos implicados na trama utilizan. Esa mestura entre argot choriceiro e megapijo. Esa aposta hortera polo luxo é o que máis indigna. Coches, reloxos, chámame don Vito; en fin todo este balbordo da estupidez é o que máis asusta. Como asusta que unha trama destas dimensións se puidese dirixir desde o cárcere. O problema non son os que están imputados, con eses obrará a xustiza, espero. O lío está en todo e en todos aos que salpica o escándalo. Aquí hai catro comunidades autónomas relacionadas coa trama. Os responsables do PP en cada comunidade teñen a posibilidade marabillosa de limpar as súas casas. Non agarden por Mariano, é a inacción personificada. Exerzan vostedes de xuízes políticos e barran do seu partido na autonomía que governan a todos e todas aquelas que vostedes consideren que cometeron un delito de ética política. Xa saben que Rajoy so pretende gañar tempo de cara ás próximas eleccións. El é un especialista en facer que as cousas muden sen facer nada para que muden. É o momento dos militantes e dos cargos honrados do PP para coller distancia cos corruptos e iniciar unha nova andaina, libres de tan pesadas cargas. Desde esta columna deséxolles sorte. A mesma que lle desexo a Obama, para que poida cumprir coas esperanzas que espertou a súa elección como presidente e que o levaron a opter o galardón do Premio Nobel.Aínda non fixo nada para merecelo. Só algúns xestos. Digamos que é un Premio Nobel preventivo. Claro que os Premios Nobel da Paz son os máis desprestixiados dos Premios Nobel. Saberá isto Obama? Se chega a declinar o premio, sí que tería feito historia. Arrea, e de que maneira. Tamén Rajoy e Cospedal poderían facela, pero moito me temo que continúen sen aclararse e sen respostar ás preguntas dos xornalistas. Algún asesor debería dicirlles que esa é unha carreira cara o abismo. Como tropeces, tratando así aos medios de comunicación, non volverán a erguerse.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya