EN DIRECTO

Ten memoria o PP?

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

SEGUNDO PARDO-CIORRAGA DE SANTOS Éevidente que hai un sector da sociedade galega que se avergoña do idioma, considérao un desperdicio, unha vulgaridade. Nesta operación noxenta de rexeite e derribo o principal impulsor é o PP, hoxe dirixido por uns cantos políticos de diseño que, coma os pavos reais, locen o seu colorido plumaxe pero o seu gorxeo é bronco e desafiante coa única pretensión de enterrar a cultura dun pobo, comezando polo seu máximo expoñente, que é o idioma, e promovendo mocións que, como no caso da que onte se debateu no Concello da Coruña, somentes perseguen apañar unha presa de votos dos nostálxicos do "la, la, la...".

O derradeiro intento, fallido, protagonizouno Paco Vázquez aló polo mes de novembro do 2004 (naquel pleno os concelleiros do PP levaban camisetas reivindicando o uso do L). Naquela sesión plenaria Paco, ao amparo dos Art. 121 e 123 da Ley de Grandes Ciudades (L.G.C.), pretendía reinstaurar a famosa letra. Por suposto os gobernos municipais gozan do pleno dereito para aplicar os citados artigos intentando adaptalos aos seus intereses pero, sendo correcta a súa aplicación (Art. 121 en relación co 123.1, "alteración y cambio de denominación del municipio" e o 123.2, "se requerirá el voto favorable de la mayoría absoluta ..."), a súa interpretación é errónea. A Ley 7/1985 de 2 de abril, reguladora das Bases del Régimen Local, modificada pola Ley 57/2003 de 16 de diciembre, non é Orgánica, é Básica (Art. 82.1 e 4.1)2) da C.E.), e aínda sendo de aplicación en todo o Estado, non ten superioridade xerárquica ás leis de normalización lingüística, que no caso da galega foi aprobada por unanimidade polo Parlamento Galego en 1983. Polo tanto, a aplicación dos citados preceptos da L.G.C., para modificar o topónimo, pode ser inconstitucional ao vulnerar e colisionar cos dereitos do pobo galego recoñecidos e recollidos na Lei de Normativa Lingüística, que no seu Art. 10 dispón: "Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega....". Consecuentemente as maniobras do PP na Coruña encol da modificación do topónimo son un flagrate incumprimento da Lei galega de Normalización e tamén da proposición de lei (aprobada polo Parlamento Galego o 12-09-1995 por unanimidade e refrendada e aprobada polo Congreso dos Deputados por 306 votos a favor e unha abstención -Diario de sesións nº 89 de 03/06/97-) que nos Art. 1 e 2 regula: "Las actuales provincias de La Coruña y Orense se denominarán oficialmente A Coruña y Ourense en concordancia con el nombre oficial de A Coruña y Ourense que tienen reconocida su capitalidad...". Aquí cómpre lembrar que no Congreso aquela proposición de lei foi defendida polos deputados estatais galegos a Sra. García Negro (BNG), a Sra. Porteiro García (PSOE), o Sr. González Suárez (PP) e demais voceiros da Cámara Baixa e, curiosamente, foi o parlamentario do PP o que, baseándose no Art. 10, fundamentou a súa petición en razóns filolóxicas, históricas e tradicionais, manifestando que o que se trata é de recuperar a ortografía correcta.

O Goberno do PP está a converter Galicia nun campo de batalla utilizando a cidade da Coruña como laboratorio para medir o grao de crispación social e os beneficios electorais que pode acadar. Sendo un partido democrático é pouco entendible que non respecte, escape e ignore as disposicions legais, que eluda o disposto nos Art. 3 da C.E. en relación co Art. 5 do Estatuto Galego e se adique, somentes, a voltar a un pasado xa esquecido enfrontando a colectivos sociais, culturais e mesmo formacións políticas, cando a súa obriga sería facer unha oposición hixiénica, xa que logo, temos diante de nós moitas cuestións que inquedan -seriamente- aos cidadáns, que son os merecentes dunha especial atención.

Lamentablemente o PP e os seus cargos políticos teñen moi mala memoria, non recordan as leis, decretos e normas que aprobaron de protección ao noso idioma e amosan o plumeiro nun rexeite continuo e constante á nosa cultura e á nosa identidade.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
EXTRAS EN LA WEB
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas