EN DIRECTO
os camiños da vida

Anisia Miranda

 

X.L. MÉNDEZ FERRÍN . sta boa amiga e escritora que acaba de falecer naceu en Cuba de pais procedentes dos concellos de Verea e Celanova, polas partes máis montañosas dos baldíos arraianos. Un día Anisia falou dos seus antepasados na vila de San Rosendo. Despregou para os circunstantes un pano da cabeza, avermellado. Contounos que o pano pasara dunha avoa a súa nai e, desta, a ela. Esa prenda era para Anisia unha bandeira e un tesouro. Gardaba a memoria do desraizamento, da pobreza, da emigración, da galeguidade.

Un día, Anisia Miranda, tendo seis ou sete aniños, foi levada polo pai, republicano, a ouvir un mitin de Luís Soto e Castelao na Habana. Corría a ano 1938 e os antes citados comprían a súa xeira norteamericana e cubana de apoio á República durante a Guerra Civil. O pai de Anisia díxolle á nena que lle levase a Castelao uns diñeiros para a colecta. Castelao e Soto mandárolle ao fotógrafo que lle tirase un retrato á meniña. A organización fíxolle chegar á familia a foto da nena, moi vestidiña de miliciana española con gorro e todo. A foto consérvase e publicouse. Parece que aquel día quedou determinado que a cativa chegase a ser de maior unha muller galegocubana en todas as súas dimensións.

Unha segunda fase da súa emigración levou a Anisia e aos seus país a Buenos Aires, ondee la descubriu que o galego era unha lingua perseguida despois da lectura dun famoso artigo de Francisco Luis Bernárdez. En Buenos Aires a moza é xa unha xornalista e unha pedagoga que se achega ás Mocedades Galeguistas e que colabora con Xosé Neira Vilas na organización do Congreso da Emigración promovido polo Consello de Galiza en 1956. Naturalmente, Anisia Miranda estaba destinada a casar con Neira, e viceversa; e tal cousa ocorreu. Ambos levaron adiante a inesquencíbel empresa Follas Novas, difusora do libro galego no Río da Plata e moito máis ca iso. Ambos deciden establecerse en Cuba para participar como revolucionarios na construción do socialismo.

Pasaron moitos anos, e Anisia perseverou en Cuba nun labor constante como editora, ensaísta, autora de libros infantís e xuvenís, en canto seu home conciliaba a súa misión na administración revolucionaria cun constante servizo de documentación e información que desde Habana el remitía aos puntos máis quentes da nosa resistencia. Logo o matrimonio formado por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas regresou definitivamente a Galicia, para crear naterra del, Gres, un centro de animación cultural e unha fundación que desprega grande actividade.

Neira Vilas foise consolidando como un grande escritor contemporáneo en galego e Anisia Miranda nunca foi só unha acompañante súa.

Ela soubo manter a propia identidade literaria e a forma dunha personalidade inconfundíbel, por moito que, ideolóxica e afectivamente, os menbros deste biarcado se sentisen solidificados entre si.

Chéganos a noticia da norte de Anisia Miranda, ocorrida en Gres. As cinsas desta filla da diáspora e da emigración galega ficarán por sempre na Terra dos antepasados, que ela escolleu para vivir o derradeiro treito da súa biografía de intelectual orgánica e de muller traballadora. Fumos amigos e admiradores de Anisia Miranda e agora laiámonos do seu pasamento. Xa máis nunca nos veremos.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya