EN DIRECTO
segunda feira

Católicos e católicos

 02:20  

X.L. MÉNDEZ FERRÍN Oprimeiro que aprende o inxenuo continental ao chegar a Oxford é a diferencia entre "católicos ingleses" (ou sexa anglicanos) e "católicos romanos" (os que obedecen ao Papa). Logo, ao rece´n chegado, se provén dun país de maioranza papista, chócalle moito a liturxia anglicana polo que ten de semellante a aquela á que está afeito desde a infancia. Sen entrarmos en disquisicións dogmáticas, o caso é que a Igrexa católica de Inglaterra (e todas as igrexas nacionais da súa constelación) é a cousa máis parecida que un poda imaxinarse á Igrexa Católica Apostólica Romana.

Desde o século XIX, flúe una corrente de cregos e bispos anglicanos que se integran no catolicismo romano. O máis famoso foi o Cardeal Newman, de grande influencia no seu día. Na Grande Bretaña hai dous tipos de católicos romanos, moi diferentes entre si. O primeiro é o dos homes e mulleres de clase obreira que proceden de Irlanda e que soen ser seguidores do Celtic de Glasgow. O segundo, reducidísimo, intégranno os aristócratas e plutócratas (no R.V. esas cousas poden ir unidas) que, procedentes do anglicanismo, abrazaron eles ou so seus antepasados, o catolicismo romano. Os segundos poden parecer una elite soberbida e orgullosa da súa diferencia. Evelyn Waugh retratou moi ben este tipo curioso de parásitas sociais na novela Brideshead Rervisited. O propio Waugh, snogh, era católico romano de novo troquel e apoiou, coma outros ingleses do xénero, a sublevación de Franco en xullo de 1936. Se a anglicana é a relixión da realeza e da clase alta, a relixión católica romana adoptada por anglicanos convértese nun signo de rara distinción.

É certo que formal e aínda dogmáticamente os anglicanos paréncense moito aos católicos romanos pro non podemos ignorar os elementos protestantes que entran na composición da súa doctrina, disciplina e tradición. O máis notorio é o matrimonio, pois é ben sabido que os cregos poden casar e, aínda, as mulleres poden recibir o sacramento da orde, esquencendo estes anglicanos anovados que Deus, escolleu encarnarse nun Xesús varón e non nunha femia humana e escolleu apóstolos masculinos. Ten importancia o feito de que o luteranismo levou os anglicanos a abolir as ordes relixiosas, así de frades coma de monxas. Finalmente, lembran vostedes os divertidísimos Canterbury Tales, de Chaucer, onde un conxunto de 29 peregrinos se poñen a contar estorias? Pois ben, o cisma anglicano, por influencia luterá, prohibiu terminantemente as peregrinaxes, por consideeralas va observancia, pouco acordes co espírito Cristián e fonte de lucro ilícito para o clero.

E ben, eu pregúntome se esta avalancha de cregos, bispos e pobo anglicano que está a punto de integrarse na denominación católica papista vai influir sobre o resto dos dieis desta até o punto de forzar o matrimonio dos cregos no rito romano, ou enfleblecer as comundiades de clero regular (e das monxas) e as perigrinacións e romarías, grandes coma a de Santiago, Roma e Xerusalén, ou pequeñas coma a do Corpiño, por un caso. Pero non pensó eu que vaia haber demasiada conmoción cdo proceso de que estamos a falar. E confío en que a aversión que os anglicanos senten polas peregrinacións non vaia afectar seriamente ao chamado actualmente Xacobeo en canto negocio e en canto impostura.

En todo caso parece que os usos e costumes eclesiásticos van mudar. Antes, só podíamos ver cregos (obedientes a Roma) casados en Oriente. Agora, ímolos ver tamén en Occidente. Será isto o primeiro anuncio de que a abolición do celibato sacerdotal obrigatorio está ás portas como signo dos tempos na Igrexa Católica Apostólica Romana? Non me preocupa en absoluto

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya