EN DIRECTO

A gran depresión

 02:20  

LINO BRAXE Unha carreira sen fin cara o abismo. Iso era o que estaba pasando no Partido Popular. As pasadas semanas foron duras para os populares, pero esta foi terrible. A loita por Cajamadrid estanos a ensinar moitas cousas. Primeiro que o número de representantes dos partidos políticos nesa Caja é excesivo. As liortas son menores en Galicia porque nas nosas Caixas a presencia de políticos é menor. Outra cousa que aprendemos é que non interesan perfiles de xentes que coñezan o mundo financieiro; a loita é tan grande que hai políticos que se permiten decir que para presidir un consello asesor dunha caixa non se precisa saber de economía ou de finanzas. Inaudito. Menos mal que Rato disto sabe un rato, e como Manuel Cobo coas súas declaracións xa lle fixo a campaña a Rajoy, pois ao mellor temos un tipo con criterio presidindo Cajamadrid. Xa veremos. E Rich, que? Pois Ricardo Costa ao seu. Como en Valencia todo é tan raro, resulta que Costa se consideraba aínda secretario xeral do partido na súa rexión. Razón non lle faltaba porque os seus compañeiros valencianos non o quitaron do posto. Mais Génova, sí. Cospedal máis que Rajoy suspendeo de militancia. Fará o mesmo con Cobo? Non sei. En principio son cousas diferentes. Rich, instalouse na rebelión. Cobo, no insulto. Deplorables actitudes ambas pero non son similares. A primeira cuestiona a autoridade do partido. A segunda traizoa o compañerismo. Se existe iso na política de hoxe. E a maior abondamento, salta o escándalo en Ceuta. O presidente do Partido Popular nesa cidade autónoma e ex sacerdote, dimite do seu cargo e do seu escano como deputado por un vídeo de contenido sexual gravado no seu despacho. Xa que se cumpren cincoenta anos das aventuras de Asterix e Obelix, habería que parafrasealos e decir aquilo de "están tolos estos romanos". Esperemos que este triste panorama dos populares, sumado ao panorama dos detidos do PSC e de CIU, non leve á sociedade española a unha depresión colectiva que desemboque nunha marea de suicidios ao estilo France Telecom. Por certo, e non se asombren do que lles conto: saben que un analista francés quitoulle importancia ao número de suicidios da empresa de comunicacións gala, alegando que a media de suicidios por motivos de acoso laboral está nos 23? Xa ven o que vale a vida para algúns que nos contemplan como meros números dunha estatística e non como traballadores e traballadoras do mundo. O que sí está claro que observando o devenir da nosa política a caída nunha fonda depresión non está lonxe. Unha depresión espiritual, porque a económica xa temos instalada entre nós.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya