EN DIRECTO
asieu

De vómito

 02:20  
De vómito
De vómito  

XOÁN ABELEIRA Tampouco esta vez (vaia por Deus) estou de acordo coa señora María Dolores Cospedal García, secretaria e número 2 do Partido Popular. Pois os españois, en xeral, e os afiliados, en particular, SI que se merecen o espectáculo burlesco ó que estamos a asistir dende hai xa non varias semanas senón varias décadas. Meréceno por permitilo, por colaboracionistas; por faceren coma quen ser cego perante unha serie inacabable de delitos tralos cales o que, en boa lei, debería acontecer non é a desaparición da vida pública de todos e cada un dos implicados niles (ruíns ós que decote substitúen outros ruíns) senón a disolución, por falta de apoio popular, de todas e cada unha desas mafias camufladas que controlan as nosas vidas.

"Contra a corrupción, abstención", afirma unha pintada anarquista. Abofé. E rebelión, engadiría eu. Rebelarse definitivamente contra un statu quo no que a confabulación entre a meirande parte dos políticos, dos empresarios, dos banqueiros, dos medios de comunicación, dos xerarcas eclesiásticos e mesmo dos xuíces deveu xa no seu modus vivendi. Rebelión contra un sistema que está a transformarnos na peor clase de burgueses posible: a dos inmobilistas. Ises ós que Rimbaud denominou "os asentados". Os que por non cagarse en nada acaban cagándose na súa propia poltrona, ollando Telemadrid. Desgrazados de nós. Cada vez máis desgrazados!

De vómito (a expresión desta semana) paréceme tamén o manifesto "progresista" que onte se presentou en Madrid avalado (menos mal) só por trescentos membros dos eidos da cultura. De golsar porque, malia estar asinado por moitas compañeiras e moitos compañeiros de cuxa honradez e integridade non dubido en absoluto, tamén é certo que a maioría delas e diles demostraron, ó longo distes anos, ser auténticos lacaios dos poderes que ora defenden, ora critican, dependendo da imaxe que lles conveña dar nise momento da súa "carreira". Xentes ficticiamente de esquerdas que, aproveitando o mandato de cadanseu partido, cobraron o seu apoio público ou privado a iste mediante prebendas tipo premios, publicacións, becas, axudas, viaxes, subvencións, conferencias, recitais, concertos... regalados. E o mesmo cómpre dicir dos vendidos dos sindicatos.

Hipócritas. Lambecús. Ladróns entre ladróns. Bufóns dos seus Reis. Toda esa caste noxenta.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya