EN DIRECTO

Rajoy e o Santo Xob que non existiu

 

PLÁCIDO LIZANCOS Non sei se o candidato Rajoy cando dixo que "Xob (sic) no hubo más que uno", tiña coñecemento do que dicía. Así llo oin pola radio: "Xob"; polo que fose saíulle o subconsciente e pronunciou "Xob" á galega. O que lle valeu que en certa emisora, desas que premian os erros, llo repetisen en plan de mofa ou chufa. Don Mariano, posiblemente pouco ducho en hermenéutica, non saiba que semellante patriarca non existiu. Ou sexa que don Mariano non pode seguir sendo o segundo.

O chamado Santo Xob foi unha figura mítica, non mística. O seu nome polas diversas evolucións que sufriu do hebreo, do grego e ó latín significa "perseguir, aflixir", de aí "o perseguido, o aflixido".

Posiblemente a ministra da Igualdade e contra a violencia de xénero, Bibiana Aído, non saiba que na fe cristiá estea considerado como avogado dos maridos con mulleres "difíciles", por usar un eufemismo, porque a devandita ministra sabe que as hai. Patrón tamén de músicos, non sei por que, tocaría algún instrumento. Xob, con Lázaro, era o avogado tamén dos leprosos e dos sifilíticos, a sífilis foi chamada "mal do noso señor san Xob", e creáronse numerosos hospitais baixo a súa advocación. É considerado como exemplo de virtude e de paciencia. Encarna a paciencia do xusto. Deus permite que o demo o tente, e perde bens, familia, amigos, saúde e escarnéceno por riba a muller e amigos. Xob atura todas as calamidades sen perder a súa confianza en Deus, que, ó final ten piedade del e concédelle o cento por un. Era rico e poderoso. Era, segundo a biblia, "un home íntegro e xusto, que temía a Deus e arredábase do mal". Nacéranlle sete fillos e tres fillas. Era o máis rico dos da súa bisbarra. Deus púxoo a proba: perdeu todos os seus fillos e os seus bens e caeu na miseria.

Xob chegou a ser o prototipo do home paciente. A súa figura formúlanos o problema da dor do inocente. A lectura deste libro da Biblia deu orixe a libres interpretacións desde o filósofo Kierkegaard, coas ideas existencialistas, con Jung, con formulacións psicolóxicas, ou ateístas con Bloch. O que sería interesante é saber o que o autor quixo dicir. Posiblemente o novel Saramago co seu Caín nolo poda dicir, un libro cheo de chufas e onde encontrou unha mina para rir "impiamente" (?).

Na literatura bíblica deste tempo formúlase a miúdo o abandono do home piadoso por parte da divindade ou ben a protesta contra a inxustiza na vida. Xob reflicta dramaticamente a experiencia persoal da inadecuación dunhas respostas esclerotizadas, e sae valentemente á procura dunha nova imaxe de Deus. A lenda, en fin, de Xob é unha exhortación á paciencia. A restauración de Xob, como premio á perseveranza, vese ó final do libro: "Aínda viviu Xob cento corenta anos.... e viu ós seus fillos, ós seus netos e os seus bisnetos. E morreu Xob vello e farto da vida". Os hermeneutas, que citei arriba, intérpretes da Biblia, viron en Xob unha figura simbólica de Cristo e da Igrexa, por iso dixen que era unha lenda bíblica.

Achácanlle ó Sr. Rajoy que é parco en palabras. Dixo que falaría aquel "martes", foi cando dixo que el non era o segundo Santo Xob. Xa deixamos dito que non o podería ser. O que lle pasa ó candidato da oposición é que ten a virtude da eubolia que consiste en ser discreto de lingua, en ser cauto, en ser reservado, como bo galego, en non dicir senón o que lle convén dicir. Sería quen de poñer fin no galiñeiro.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya