EN DIRECTO

Adicción

 04:33  

LINO BRAXE Écurioso comprobar que, mentres o mitín se converte nunha reunión de amigos que pensan igual, os nosos próceres, lonxe de detectar o cansanzo que nos producen as súas actividades de partido, se dedican a fomentar convencións, congresos e asambleas que permitan transmitir á oponión pública a idea de encontrarnos permanentemente en campaña electoral. Primeiro había campañas, despois chegaron as precampañas e agora os fins de semana de saraos. Non nos dan tregua. Estes queren ser como Ronaldo, queren copar todas as informacións da prensa, e como sigan así acabarán sendo portada dos medios de comunicación que agora acapara Belén Esteban. Reflexionemos sobre o mitin. Que era o mitin na remota antiguedade? Pois un acto no que se pretendían captar adeptos para a unha causa. En que se converteu o mitin? Pois nunha reunión de adictos que van escoitar algo que xa coñecen, ou o que é peor, onde escoitar o que desexan ouvir. Vostedes, se asisten a un mitin de calquera dos partidos que nos representan nos governos autonómicos ou no governo do estado, xamais escoitarán a un dos adictos plantexar unha pregunta ou unha dúbida sobre o que se está a expoñer desde o escenario. En fin, que o mitin converteuse nun baño de masas para o líder de turno, un espazo cómodo onde o orador se sinte como en casa. Estes amigos dos saraos deberían preguntarse por que a mocidade non participa das súas inquedanzas e dos seus eventos. Dirán que non son todos os mozos e mozas tan pasotas, que nas xuventudes da súa formación hai xente nova e responsable á que sí lle interesa a política. Non nego que isto sexa así, pero non ver que son moitísimos máis os que pasan é estar cego. Outro día falaremos da oratoria, ese mar do inxenio que xa case non navega nengún cargo público. Pero iso, será outro día. Porque hoxe quero contarlles algo que me reconcilia co xénero humano. Hai que ser moi valente para irse a Indonesia a parar a tala dun bosque na illa de Sumatra. Pois ben, isto foi o que fixeron dous membros españois de Greenpeace. Atáronse a unha das máquinas que estaban a deforestar un dos espazos naturais máis fermosos do planeta. E digo que hai que ser moi valente, porque as autoridades indonesias son como son e os cárceres dese país nen lles conto. Afortunadamente xa están en liberdade e viaxan camiño dos seus fogares. Outro tanto desexo aos mariñeiros do Alakrana: que axiña estexan entre nós. Mentres, os gandules e badulaques seguen coas súas convencións, os seus congresos e asambleas e co seu desvergoñado e ególatra culto á propia imaxe. Supoño que é unha cuestión de adicción. É o que teñen os saraos que provocan dependencia.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya