EN DIRECTO
pezas en fuga

Liberais e parvenus

 

ANTÓN BAAMONDE Aninguén se lle oculta que todo o baile das Caixas ten dous obxectivos fundamentais, os dous propiciados por MAFO dende o Banco de España: A) a redución do número de Caixas, ata deixalo en límites exiguos dende a cifra de partida. Algúns falan de que, seguindo esta folla de ruta, deberían quedar ao final entre cinco e dez grandes caixas. B) a súa conversión de entidades semi-públicas en bancos privados, nunha operación típica de capitalismo de casino. Os dous obxectivos póñense en obra ao berro de "nunca desaproveites a oportunidade que che dea unha boa crise". De ter éxito, ao final estariamos moito máis perto do tipo de capitalismo anglosaxón que do hai uns anos moi célebre modelo renano. O lema de Reagan "O estado é o problema, non a solución" está nas mentes de moitos sedicentes socialdemócratas como o que preside o Banco de España. A outra grande variable é a reformulación dos espazos económicos -e por tanto políticos, sociais e culturais- de España. Da simplificación se salvará BBK, porque é moi rendible, fai masa co grupo Mondragón, e ten no PNV un firme baluarte. Dende logo, La Caixa seguirá medrando, con Gas Natural e etc, o mesmo que Caixa de Catalunya -ningún catalán está tolo ata o punto de ceder o control das súas finanzas-. E Madrid, alguén se imaxina Cajamadrid absorbida por non importa quen? Lémbrese o berro de guerra de Aguirre acerca de Endesa "antes alemá que catalá". Mesmo Andalucía, oito millóns de habitantes, o PSOE como partido defensor dos intereses locais, non tragará por aí.

A operación inicial era Cajamadrid, a Cam e CaixaGalicia: un eixo do atlántico ao mediterráneo en tres comunidades autónomas gobernadas polos conservadores. A operación buscaba recortar o peso dos seus competidores e poñer un cortalumes a cataláns -seguen sendo o outro grande polo da España contemporánea- e vascos. Esa lectura política é obvia para calquera avisado. Hoxe as elites madrileñas, que se senten garantes de España, son xente que sabe latín e que planifica a estratexia a longo prazo. E mentres en Galicia Feijóo estaba inicialmente pola labor de Cajamadrid -quere ser presidente de España-. Despois rectificou, vistos os custes e parecía que estaba en favor da fusión. Agora está metido no labirinto das complicadas relacións entre as dúas caixas e, sobre todo, dos acólitos que enmarañan a difícil solución.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya