EN DIRECTO
os camiños da vida

Cincuenta anos con Camus

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

X.L. MÉNDEZ FERRÍN Onte falou o fillo de don Bernardino no Club novo. Pediu unha fonte para o Forte". Así falou un vello mariñeiro na tarberna de Turata, Cangas.

En realidade o fillo de don Bernardino, o mozo Bernardino Graña, pronunciara unha espléndida conferencia no Club Rodeiramar sobre o heroe e o seus substitutos contemporáneos. Referiuse ao protagonista de L'Etranger de Albert Camus en atrevida relación con don Quixote da Mancha. Era o verán de 1959 e Xosé Alexandre Cribeiro, como directivo do Club, organizara un pequeno ciclo de conferencias que chamaron algo a atención en Cangas de Morrazo e en Vigo. Logo da conferencia de Bernardino, intensamente existencialista e xeracional, veu a de Álvaro Cunqueiro, sobre zooloxía fantástica. Convén observar que daquela o mindoniense estaba moi afectado por un libro de Borges sobre tales asuntos que vira a luz nas edicións da Revista de Occidente. Logo eu falaría sobre Joan de Cangas e os trovadores do Mar de Vigo. Cunqueiro regaloume o guión da súa palestra cun dibuxo da Ave Roc e a súa asinatura.

Camus, no verán de 1959, non gozaba de simpatías políticas en determinados círculos, non pola súa controversia con J. P. Sartre, senón por el ser alxeriano e non lle dar apoio ao combate independentista dirixido polo FLN e por Ben Bella. En realidade, nisto Camus coincidía co Partido Comunista Francés que non reclamaba a independencia e a descolonización de Alxeria. Cantábase moito polas rúas a cantiguiña, orixinaria do Oranesado, Ya Mustafa, que era como himno festivo a favor do FLN.

Pero todos sentíamos un extraño afecto por Camus, ao que, nembargantes, consideraban, algún de nós, un suxeito humanitario de pensamento elemental. Ninguén deixaba de admirar a súa potencia literaria e o citado librín, O Extranxeiro, convertiuse naqueles anos no distintivo emblemático dun vago nosoutros que nos situaba en solo e terreos do fascismo. Pasabamos a fronteira de Hendaia examinados por gardas civís mal barbeados e pior encarados e por policías con bigotiño de ex-alférez provisional moi seguros de que nos puñan o medo no corpo. Ao entrar baixo o dominio da xendarmería francesa, o sol radiaba e o corazón se puña coma esponxa. Aquilo era Francia e aquilo era o lugar no que o conflicto se establecía entre Sartre e Camus. O horror, ou sexa España, ficaba atrás.

Durante as vacacións de Nadal, o catro de xaneiro de 1960, soubemos a noticia. Camus morrera nun accidente de automóbel. Pertencía a unha promoción de combatentes que actuaban sobre nós coma Mestres ou irmáns maiores. Falo da xeración dos soldados na Guerra de España e dos que souberon resistir ao fascismo en Europa. Sartre elaboraba unha doutrina, a do compromiso, que nos influí durante a vida. Albert Camus deixou de vivir hai cincuenta anos e rara foi a estación, en tal medio século, na que non voltaramos sobre un seu libro, sobre unha súa páxina.

COMPARTIR
 
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
EXTRAS EN LA WEB
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009