si home si

Antón Moreda

 01:13  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL PEREIRO . u entrevistas aínda fixen bastantes, e iso que non é meu xénero preferido. En primeiro lugar porque son traballosas, en segundo porque non deixa de parecerme un método invasivo (por moito que o invadido polo xeral estea encantado da invasión, polo menos antes de ver o resultado), e en terceiro porque non depende de ti, senón do outro. Fíxenas a todo tipo de xente (máis ben a aqueles aos que os meus xefes consideraron que pagaba a pena saber da súa vida e opinións), en sitios dispares, pero unha das que máis teño na cabeza foi a que fixen a Antón Moreda, ese galeguista semioculto que acaba de morrer, coa mesma discreción coa que viviu. Quizais porque tivo unha vida de novela, aínda que daquela, moita xente tiña esas vidas, ou quizais por onde lla fixemos.

Igual que cando alguén morre dun cancro adoitase poñer cun pudor decimonónico que foi a consecuencia de "una larga enfermedad", nas informacións, poucas, que se deron do seu pasamento pásase con pés de la sobre un detalle que non deixa de ser importante: que Antón Moreda pasou máis de media vida, 43 anos, no psiquiátrico de Castro de Ribeiras de Lea. Así que alá fomos, o meu colega Santiago Romero e máis eu. Aquilo era todo o depresivo que pode ser unha institución dese tipo conservada intacta desde o século XIX, que o pode ser moito. E a Moreda pechárono alí cando tiña 32 anos, en plena vixencia dos baños fríos e do electrochoque.

Nacera en Reinante (San Cosme de Barreiros) e nacera para emigrante. Fillo e neto de emigrantes, cando tiña un ano a nai levouno para Cuba, e dous despois regresou á Mariña porque non paraba de chorar. Tardou dez anos en volvela ver. O pai volveu de América para morrer sen cumprir 40 anos, e el con 16 tivo que facer o camiño de volta. En Bos Aires coñeceu a Luis Seoane, a Isaac Díaz Pardo, a Suárez Picallo, e fundou as Mocedades Galeguistas. Dez anos despois, en 1960, volveu para traballar pola causa. Conseguíronlle o emprego apropiado: viaxante da Editorial Galaxia. Vendía libros e captaba adeptos. Elixírono secretario do Consello da Mocidade, o organismo que aglutinaba ás novas xeracións galeguistas. Aínda que máis que aglutinar, o que promoveu foi o fenómeno contrario: dividiuse entre os considerados marxistas (a criterio de Ramón Piñeiro, fundamentalmente) e os que non. Moreda caeu do lado malo, perdeu o traballo de Galaxia e os vencellos coa causa da súa vida. Tentou refacerse en Barcelona, pero un trasacordo amoroso fíxoo volver, sen un can. En 1966, deulle un trasacordo mental, e un psiquiatra, que trataba a Celestino Fernández de la Vega, o autor de O segredo do humor, decidiu internalo en Castro.

Desde entón -insisto, con 32 anos- non volveu saír. Seguiu lendo, fixo a carreira de dereito, fundou dúas revistas, Falemos e Gaiola aberta, recibía contadas visitas (de Beiras, de Ferrín, de Margarita Ledo). E seguiu sendo galeguista, militante incluso do Partido Galeguista. A partires dos anos 90, recibiu homenaxes en San Cosme de Barreiros e en Bonaval, e publicáronse un par de libros sobre a súa figura. Na entrevista, preguntarámoslle que faría se saíse, e dixo que lle gustaría servir "á causa" cos coñecementos profesionais que adquirira, pero claro? Eu acordeime daquel caso terrible da inmigrante que, ao chegar aos Estados Unidos, metérona nun psiquiátrico, ata que, décadas despois, se descubriu que o que pasara é que non a entendían porque falaba húngaro, pero ela xa non quixo saír. Hoxe enterran a Moreda en Barreiros. Que a terra lle sexa leve, xa que a Terra non llo foi.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
EXTRAS EN LA WEB
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
widgets laopinioncoruna.es
iGOOGLE
Personaliza tu página de
         inicio de Google con las
         últimas noticias 
WWW
Llévate las noticias de
         laopinioncoruna.es a tu
         web
Enlaces recomendados: Juegos | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009