ÚLTIMA HORA
S

67? Non, gracias II

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

LINO BRAXE Resulta evidente que hai traballos físicos que deterioran de tal xeito ao ser humano que prantexarse o aumento da vida laboral nos mesmos é delirante. É curiso que estas reformas as leven adiante señores que, traballando oito anos, cobren de por vida. Seguro que se tivesen que cargar cunha bombona sete pisos, conducir un taxi ou colocar ladrillos nun andamio, pensaríanse moito o dos sesenta e sete. E non só para os traballos físicos. A un mestre tamén lle chega. A unha enfermeira. Á maioría dos autónomos. Pensen nun panadeiro, por poñer un caso. Se estamos en tempos de austeridade, vaian pensando, señores políticos, en rebaixarse os pluses, as dietas e os gastos de representación. E non me veñan con que iso é o chocolate do loro. Pode ser que non represente un grande aforro no conxunto da nosa economía. Pero todo suma e a súa imaxe pública gañaría bastante. Tamén podían pensar en meterlle man aos paraísos fiscais e en sacar á superficie a economía asulagada que existe no noso país. Ademais, hai demasiadas contradiccións nas súas propostas. Por unha banda, queren alongar os anos de vida laboral, e por outra, fomentan a xubilación anticipada en determinadas empresas aos cincoenta e dous anos. Falan de emprego para os máis mozos, pero queren que os máis vellos estexan máis tempo en activo. Creo, cremos moitos que hai un ponto intermedio: colocar a idade oficial de xubilación aos sesenta e tres, permitir, a quen así o desexe, prorrogar os seus anos de cotización á seguridade social e, por último, non incentivar xubilacións anticipadas antes dos cincoenta e oito anos. Tamén hai contradiccións na súa explicación sobre o crecemento demográfico do noso país e como isto inflúe nas pensións. Verán, Europa envellece, non só España. Por que noutros países hai menos paro e as súas pensións perigan menos? Porque aí é onde reside o problema. Se dos catro millóns e medio de parados, dous millóns e medio estivesen en activo, o noso sistema de pensións tampouco estaría en perigo. As políticas que deben ocupar o primeiro posto no interés do governo, son as políticas de emprego. O resto, no actual momento, é secundario. Non digo que a cousa sexa sinxela. A crise golpexa e o panorama non é o máis favorecedor para iniciar un repunte. Se se levase adiante unha moción de censura, o PP non a gañaría, por iso non a plantexa e se dedica a desgastar ao governo. Tampouco creo que o presidente se someta a unha moción de confianza. A credibilidade das autoridades é cero. Sen credibilidade non hai liderádego. A cidadanía non sabe cara onde van os seus xestores. Eleccións anticipadas? Penso que, polo momento, a ZP non se lle pasa pola cabeza. Remodelación do governo? Sería aconsellable. Máis que nada para recuperar a confianza dos electores, que estes perciban que se fai algo, que alguén move peza.

COMPARTIR
 
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
EXTRAS EN LA WEB
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009