Deslocalizando Galicia

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

SEGUNDO PARDO-CIÓRRAGA DE SANTOS Teño anos suficientes para non ser xove, pero non tantos como para sentirme vello e non lembrar o que somos, o que fixeron e queren facer connosco. Fagamos unha escolma do que aconteceu, do que está a acontecer e do que vai a pasar, dos seus protagonistas e tamén executores. Paseniño paseniño, ao calado, a nosa terra vai perdendo peso fronte ao conxunto do Estado: por unha banda, a deslocalización e desaparación da industria galega; por outra, o irrespetuoso intento de asolagar os nosos alicerces culturais atacando o noso idioma con burdos, incultos e insolventes decretazos e, para colmo, a desprezable maniobra para descapitalizar Galicia propiciada dende Madrid.

¿Que pasou coas grandes empresas de capital netamente galego? A finais do ano 1988 Sidegasa pechaba a factoría de Teixeiro. En 1982 vendíase Fenosa a Unión Eléctrica Madrileña, todo elo co silencio doloso e a complicidade do Banco Pastor, e Galicia perdía a súa posición de privilexio no sector enerxético. Na década dos noventa a madeireira Tafisa adquiriuna a empresa portuguesa Sonae; os lusitanos de Cimpor mercaban a cementeira Corporación Noroeste, tamén o Banco Simeón, despois de ser absorbida por Argentaria, pasou as mans dos lusos da Caixa Geral de Depósitos. Cooper Zeltia foi abranguida polos ingleses de Zéneca e tamén os británicos de Arriva fixerónse coas empresas de transportes Ideal Auto e Transportes Finisterre.

Non teño moi claro como está o tema de Ence, fai un tempo Caixa Galicia tiña a tixola polo mango, na actualidade coido que xa non. E, ¿que dicir de Fadesa?, ¿e de Caramelo? Isto é unha desfeita, un suma e sigue, no que se misturan a avaricia do gran capital e a incompetencia da Xunta de Galicia que nin con Fraga, Touriño nin Feijóo ten sido quén para porlle coto á desertización e destrución do tecido industrial da nosa Nación.

¿Que ocorre coa nosa lingua e cultura? Sobor desta cuestión xa pouco queda por dicir. A falcatruada do decretazo do trilingüismo é un ataque directo ao pobo galego, é un atentado a nosa cultura, é un engano, unha manipulación noxenta que ademais conculca as leis e normas emanadas dende o Paralamento galego que fixan, nidiamente, os parámetros nos que se ten que desenvolver o coñecemento e aplicación do noso idioma. Darémoslle as grazas ao goberno de Feijóo e ao seu conselleiro de... Cultura, Roberto Varela Harina (perdón Fariña), polo seu teimudo intento de deslocalizar o dioma e a cultura autóctona.

¿Que vai acontecer coas caixas de aforro galegas? Do mesmo xeito que censuramos o intento de arredar a lingua, temos que loubar a postura do presidente Feijóo polo posicionamento, defensa e aprobación da Ley de Caixas de Galicia. Xa está ben que dende Madrid, dende o Consello de Ministros (coido que hai tres galegos), co apoio dun dictamen feito a medida polo Consejo de Estado, presenten un recurso de inconstitucionalidade para derogar a devandita ley galega que protexe os aforros de milleiros de cidadáns que viven e traballan nesta terra. Aquí hai un agravio comparativo sen precedentes. ¿Puxo reparos o Goberno de España a fusión das caxias catalanas, andaluzas, castelán-manchegas e mesmo vascas? Nin pio, aquelas comunidades fixeron e fan o que teñen que facer: defender os aforros e os intereses dos impositores. Sen embargo, en Galicia, os galegos, temos que achantar e ver como os nosos aforros voan para outras CCAA. Non sei o que maquina o goberno de España nin o partido que o sostén, pero si pensan que con estas imposicións van acadar votos, coido que os progresistas, socialistas, socialdemócratas e outros simpatizantes encherán as urnas de sufraxios en branco. Neste asunto, hai complicidades antigalegas que compre suliñar: dun lado, o alcalde de Vigo e, doutro, o secretario xeral do PSdeG (cada día máis sucursal do PSOE de Ferraz). O primeiro, quere presentarse ás próximas municipais practicando un localismo de rueiro, pero a industriosa cidade de Vigo non precisa un salvador por moito que se tinxa o pelo de verde oliva; e o segundo, mellor que se poña á sombra dun carballiño. O posto de xefe do socialismo galego venlle grande.

Concluímos. Sen tecido industrial, con empresarios galegos que non invisten en Galicia, falando o galcastrapoinglis, quedando sen aforros e con políticos de cuarto nivel a deslocalización de Galicia é un feito e a nosa identidade, polo chan.

COMPARTIR
 
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
EXTRAS EN LA WEB
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009