o labirinto do alquimista

No inicio da primavera

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
No inicio da primavera
No inicio da primavera  

FELIPE SENÉN É MUSEÓLOGO E TÉCNICO DE XESTIÓN CULTURAL FELIPE SENÉN Cada 21 de marzo o hemisferio norte celebra o comezo astronómico da primavera. Contrariamente no hemisferio sur dáse o equinoccio do outono. Cousas desta dialéctica ou yin-yang terreal, efectos do rítmico devaneo do planeta Terra ó redor do Sol e no infinito. E arriba e abaixo deste mundo os seres humanos seguen ancestrais ritos semellantes en relación coa vida e coa morte.

A noite devece e agora a luz vence novamente ás tebras. Con certo retardo xa se nota por aquí o espertar. Neve, frío, chuvia, vento, gris? este ano caeron dabondo. Sábeno ben e víveno os labregos, os que cada vez teñen menos con quen compartir a súa soedade. Por fin o tempo convida a saír da casa á luz e á quentura.

Evidénciase o nacer e o medrar, fartura, ledicia: as mimosas aínda empezan a estalar en marelos e arrecendos. Os paxaros, os lagartos, as bolboretas fanse ver novamente, o oso sae das cavernas, alá onde os haxa... as cobras saen da terra. Todo esperta do seu letargo. Rebentan as sementes e botan cara a luz xermolos verdes, as raiceiras afondan na lentura da terra, voltan os paxaros co seu rechouchío e as bolboretas xogan coas raiolas e as plantas. Todo se cobre de verdes esperanza e de flores nas ramas, as que, ao cabo do tempo, serán froito, alimento e terán consigo a esférica semente. A luz vence ás tebras. Filosofía, ciencia, símbolos e poesía cos que se alimentan mitos, ritos, relixións para expresarse en arte e tamén en cursilerías. Dona Primavera, tan cantada, manda, enseña da revolución, do trunfo, da esperanza... "Podrán cortar todas las flores pero no podrán detener la primavera" escribía Neruda. Cambio progresivo agardado, ben sabido, aínda máis que hoxe, polos devanceiros, polos máis antigos e polos prehistóricos. Demostrárono. Afeitos a velas vir, a enfrontarse a corpo a todo fenómeno natural. Así naceu a cultura, con idiomas, arte, tradicións, relacións para adaptarse ó medio. Había quen sabía máis, quen profundaba, quen se dedicaba á observación dos ritmos astrais, ós agoiros, a predicir... achegados a uns deuses que se dicía lle anunciaban cousas. Así foron creando símbolos, ritos, mitos, contos... eran os magos, as meigas, os sacerdotes... e tras deles toda unha xerarquía que predicía anos de vacas gordas ou anos de vacas fracas, de fartura e de fame. Inventáronse deuses do ben e do mal, anxos e demos. Erguéronse altares e sobre deles templos, máis para pedir que para agradecer. Construccións feitas con sabedoría e mando, orientadas en función do camiño rítmico do sol, da alborada e do solpor, dos equinoccios e máis dos solsticios. A Arqueoastronomía trata de reconstruír os coñecementos astronómicos do pasado e conseguintemente ritos relixiosos, faino mediante o estudio da orientación dos templos, dos asentamentos, das gravuras, pinturas, artefactos... Velaí para sorprendernos aínda hoxe, tan afeitos a megalomanías, dende os monumentos megalíticos, de fai cinco mil anos, ate ós sofisticados observatorios astronómicos, pasando polas pirámides maias, aztecas, os templos e liñas incas, deixando miles de anos atrás, nas chairas inglesas de Salisbury, o emblemático crómlech de Stonehenge e o sitio dun templo en madeira de Woodhenge... velaí nas ribeiras do río Boyne, en Erín, que cada 17 de marzo celebra o seu cristianizador San Patricio, o túmulo de Newgrange , proximidades de Dublín e dos outeiros de Tara, onde as lendas din se coroaban os reis célticos sobre a Pedra do Destino... a que Breogán levara dende a Brigantia dos galaicos despois da morte do seu fillo Ith polos Tutha de Danam... Altares que souberon dos ritos druídicos célticos, dos cánticos epopeicos dos bardos e das tolerías do mago Merlín buscador de remedios para cabaleiros redentores de paraísos perdidos. Velaí na bretona baía de Morbihan a illa e o túmulo de Gravinís, de xigantescas chantas decoradas con labras de misteriosos debuxos circulares, como pegadas dixitais ou como as ondas concéntricas que debuxa a caída dunha pedra na auga... sempre a busca do centro, os círculos para explicar misterios do cosmos, cosmogonías que envolven os humanos... Entre eles velaí nosos dolmens, o de Dombate, construído con eses mesmos principios, os que non son alleos ás súas contemporáneas pirámides exipcias, ó fin tumbas de xerarcas, señores domesticadores de animais, de plantas, da natureza , dos deus e de si mesmo... cando os seres comezábanse a adornar con ouros escintilantes, semellándose ós deuses. Altares de benvida e despedida ó sol, Ara solis, como o Monte de San Guillerme, sobre o cabo de Fisterra, gardador de infindos misterios en relación con estes cultos ó día e á noite, o oriente e ó occidente, á vida e á morte... a onde acudían as mulleres infecundas para realizar o acto sexual i enxendrar. Culto pagano, cristianizado neste confín por un tal Guillerme, na liña deses santos irlandeses con pes na terra e mirando ó mar da fecundidade. O sol do vésperus entra polo rosetón dos templos medievais i esfachicase sobre o altar do oriente...

Amencerá este 21 de marzo e nacerá a primavera... novamente para matinar e inspirar, para asociala cunha moza virxe que emerxe da selva, coroada de flores, ou das ondas do mar, nacida dunha cuncha de vieira, Venus... Teimas que ben representou Sandro Boticcelli no Nacemento de Venus no Nacemento da Primavera, cando aventureiros se dedicaba a descubrir novos mundos. Por algo e dende ben atrás o símbolo da anacarada cuncha de vieira, figura cóncava-convexa, na que converxen e diverxen radios, símbolo de camiños, de inquedanzas. Por excelencia a cuncha-berce do nacer de Venus é a medalla deste noso extremo occidente, da peregrinaxe á tumba dun significado Apóstolo. Emblema do renacer, do bautismo e que atopamos representado en moitos templos da cristiandade en relación cos camiños da vida. Esa ansia por enxergar, saber, saír da casa, meterse no humus do que formamos parte, ser humanista.

A primavera alóngase ate o 21 de xuño, día do solsticio do verao, no que novamente nos templos antigos o sol confirmara o ritmo do seu camiño cara á súa apoteose de luz e calor. Entón celebraremos ó San Xoán do bautismo, e farémolo entre fogueiras, músicas e xantar.

COMPARTIR
 
 destacados
EL TIEMPO
Consulta la predicción
         meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos
-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
         libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
         más interesantes
EXTRAS EN LA WEB
 

Envía tus propios eventos

A partir de ahora puedes ser tú el que complete los actos de AGENDA CIUDAD Y CULTURA. Para ello solo tienes que registrarte en el canal, y añadir tu convocatoria a través de un formulario muy simple.
 
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009