Túnez. Algo máis de once millóns de habitantes. Túnez. Cento trinta mil policias. Un policia por cada cen tunecinos. Túnez. Trinta mil membros do exército. Un exército que pretende ser garante dunha revolución enfrontándose, en parte, a unha policia moita máis numerosa. Túnez. Unha revolución laica? Non. Unha revolución popular. No que derive xa se verá. Pero non é o momento para o medo, senón para decisións valentes. Europa consentiu, e mormente Italia, Francia e España, a existencia de rexímenes non democráticos e represivos no norte de África. A desculpa era e é que os estados do Magreb xogaban o papel de países tapón para o islamismo. Pero o que non se decía aos cidadáns europeos é que os líderes deses países maltrataban, brutalmente, á súa poboación, animando cada día máis as corruptelas dos poderosos e a pobreza dos máis indefensos. O quinteto da morte e da corrupción estaba formado por Ben Ali, Gaddafi, Mubarak, Buteflika e Mohamed VI. Cinco déspotas que sosteñen modelos de governo diferentes, rexímenes políticos diferentes pero unidos por un mesmo denominador común: a ostentación do poder e o enriquecemento personal. E dentro do quinteto, tres dos seus membros eran e son os máis radicais nas súas posturas totalitarias e no seu amparo á corrupción: Ben Alí, Gaddafi e Mohamed VI. Curiosamente, deste último fálase pouco. Sobre todo en España, por qué será? Os bairros marxinais de Casablanca, de Fez e de Marrakech estouparán algún día contra o déspota. España seguirá calada, como fai agora co tema do Sáhara? Pero volvamos a Túnez. Despois dun centenar de mortos provocados pola policia e polos pistoleiros de Ben Alí. Agora é a policia a que sae á rúa a pedir melloras laborais e a escribir pintadas de apoio á revolución. Ven que os seus privilexios se acaban e non queren que os seus compatriotas os linchen despois de tantos anos de facelos sufrir. Porque Túnez, onde tantos españois ían de turismo sen se decatar do que sucedía ao seu redor, era un país policial. A revolución comezou no interior, nas aldeas máis pobres. Esas que os turistas non coñecen porque o governo evita que o estranxeiro as coñeza. As aldeas onde non se fala francés. A súa mocidade non tiña futuro e emigrar a Tunicia, a capital, xa non se presentaba como unha solución. Internet foi a clave, unha vez que a revolta chegou ás cidades. As redes sociais de Facebook ou YouTube conseguiron criar un medio de información libre. Os móbiles conseguiron volver tola á policía. Mentres unha manifestación concluía nun extremo da cidade como consecuencia da represión policial, os mozos xa estaban convocando outra no extremo oposto. Porque a revolución de Túnez foi a revolución dos máis novos. Agora aparecen pequenos brotes de protesta nos países da súa área. Todos estábamos mirando para Arxelia, cando de súbito o desencanto e o clamor contra a corrupción xurdiu da outra banda do Mediterraneo, no único país islámico de Europa. Sí, foi en Albania onde se comezaron a reproducir as protestas. As sociedades islámicas levan protestando desde hai anos contra os seus governos, pero a represión é tan grande que teñen que facelo á súa maneira. Por poñer un caso, en Xordania, as maiores protestas contra o poder teñen lugar nos campos de fútbol. Amparados na masa e nas dificultades que ten a policia para edintificar aos revoltosos, os xordanos claman contra os desmanes dos seus políticos. Tres mortos e coarenta feridos é o balance das revoltas en Albania. Dimitirá líder conservador Sali Berisha? Quen sabe. Ao mellor chegou a hora das revolucións populares nos países islámicos, sen que necesariamente os movementos relixiosos capitalicen o derrumbe de rexímenes corruptos e represivos. Qué fará Occidente? Toca mover ficha. O discurso de sempre non vale.