EN DIRECTO
si home si

Acampadas

 01:23  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

XOSÉ MANUEL PEREIRO Se tiña algunha dúbida sobre as acampadas dos indignados, o contraste entre o que vin a noite do pasado xoves na Puerta del Sol de Madrid e o que lle escoitaba á grea de executivos que me tocaron no almorzo do hotel á maña seguinte fixo que se volatilizaran. En Sol vin xente ilusionada porque pensa que se pode cambiar o mundo, ou polo menos melloralo, ou polo menos endereitar a deriva ao circo que ten o actual sistema democrático español. Certo é que observei un grupiño duns berrazoullas estimulados polo alcohol, e moito turista de acontecementos (entre eles eu), pero tamén a imaxe dunhas rapazas (por que rapazas?) recollendo pacientemente todo o lixo que había no chan, fose de indignados, turistas ou parroquianos.

E o que piden (ou o que se supón que piden, porque como recolle a web de RTVE a opinión dun galego chamado Miguel Ángel, "os medios pedídesnos reivindicacións, pero nós non temos presa") é no fondo simplemente que se cumpran as regras que teoricamente xa figuran na norma constitucional: que haxa unha democracia real na que manden os cidadáns e non alguén por aí, chámeselle mercado ou outra cousa, dereito a un traballo e a unha vivenda digna. En comparación co mítico maio do 68, agora hai moito menos sectarismo e moito máis pragmatismo. A min parécenme que a maioría da xente debería estar de acordo con iso, e aínda que non o estivera, todo o mundo ten dereito a protestar. Por iso me estraña a reacción dos dous grandes partidos. A histeria dos medios de extremo centro -non me estraña tanto a histeria senón que a saquen por iso-, que denuncian unha manobra socialista para cambiar a tendencia de voto ou cousas peores, instigada por Rubalcaba (acusación que non deixa de ser un desmedido recoñecemento das capacidades do vicepresidente). E a falta de cintura do partido do Goberno, que atribúo a que no fondo saben que non controlan nada.

E non sei de que se estrañan. A política en España xa consiste unicamente en ganar ou perder, e todo o demais tanto ten, incluso tratar á xente como se fose imbécil, especialmente nas campañas. E aínda que imbéciles hai (como ben di Baltar: "xa se sabe que son un cacique, pero vótanme igual"), non son todos, e mesmo hainos que, séndoo, non lles gusta que os traten como tais. Isto inclúe (o de pensar que a xente non se entera) a quen fai ou aplica as normas electorais. Pretender suspender o dereito de reunión invocando a neutralidade, cando as eternas precampañas son unha burla ao estrito período electoral polo fácil método de non pedir o voto, como se ver a un tipo nun poleiro, coas siglas do seu partido e un eslogan detrás, falando mal dos seus rivais inducira ambigüidade sobre as súas intencións. Ou que se considera neutral que as televisións, antes as públicas e agora tamén as privadas, teñan que emitir a propaganda electoral dos partidos segundo a súa representación (o que quere dicir pouco máis que do PSOE e PP) disfrazada de información, haxa ou non haxa noticia, e permite que sexa con material que proporciona o propio partido. Ou, xa metidos na nosa fariña, que non pase nada por censar a quen lle pete ao alcalde e onde lle pete, ou carrexar votantes.

Teño bastante claro que os indignados non conseguirán os seus obxectivos, polo menos no que se refire a mercados, traballo e vivenda, pero tamén que, a partir de agora, hai quen se vai ter que poñer as pilas. Desde os mercados á clase política, pasando polos xuíces. Logo supoño que lle tocará aos medios.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Síguenos en las redes sociales: FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad