arredor de nós

Pelos na lingua

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

AGUSTÍN RODRÍGUEZ CAAMAÑO Os seareiros seguidores dos atributos de Talía, Euterpe e Terpsicore -aquelas musas inspiradoras de poetas e protectoras das artes liberáis e as ciencias- saben moi ben que, no teatro Colón coruñés, acóllense na primavera, baixo o patrocinio da Fundación Caixagalicia e a Deputación da Coruña e ofrécense un bo feixe de representacións plurais ( 21 obras no ano que andamos ). Asemade a oferta, cultural anual, nun senso ampio, é abondosa na cidade de Hércules dende hai máis dunha década.

Acudimos ao Colón mercé debida a un amigo entusiasta do teatro ben interpretado, pero máis apaixonado do tenis disputado en Madrid. A comedia representada, que leva o título do encabezamento desta colaboración, foi toda unha sorpresa: unha ledicia interpretativa, unha mostra da realidade social lingüística en clave humorística; un verdadeiro abraio.

A Compañía Talía de Santiago ( 981 943 242 - 630 877 153 ), que dirixe Avelino González, ten xa no seu haber outro espectáculo anterior: Bicos con lengua con temática arredor do idioma pero cun tratamento desemellante.

Pelos na lingua é unha sucesión de cadros en base a situacións dos falantes en castelán e os falantes no idioma propio de Galicia. As escenas sucédense a un ritmo trepidante, axil e resplandecente. Cecais algúns diálogos foron ditos polos actores con seguridade pero con exceso de celeridade verbal. O público reiu a cachón nos lances escollidos polos autores dos textos. A mín trasladoume, salvadas as diferenzas, ao libro antolóxico de Castelao Cousas á pecina "SI EU FOSE AUTOR"...

As escenas de Pelos na lingua están tiradas da vida real. Un lance reflexa o cambio súpeto producido nunha rapaza dunha cidade galega ao chegar á Universidade... e o estupor dos pais...Pero tamén lembramos Un café con leite , Corporación Dermolingüística... Os actores Toño Casáis e Artur Trillo, moi seguros nos seus papéis tiveron unha actuación senlleira. A actriz María Ordoñez, polifacética -unha regalía escoitala-, acadou un sobresaínte alto. Ista comedia sobre a problemática lingüística é merecente dunha campaña de divulgación e representación pola Rosa dos ventos de Galicia.

Ao findar a representación teatral veume o recordó da liberdade de expresión negada pola dictadura franquista. E as humillacións, trabas ou negativas para obter o permiso gobernativo; moito loitaron aquelas agrupacións culturais xuvenís xurdidas como cogomelos por parroquias, vilas e cidades de Galicia a fins dos anos 50 e nas décadas dos 60 e 70, teimando desempoar , honrar ás xeracións galeguistas e nacionalistas marxinadas polo réxime e exaltar a cultura creada polos nosos devanceiros.

Recalcamos: tódolos sketches de Pelos na lingua teñen verdadeira graza. A carón da escolma facilitada dos lances preñados de humor, hai ademáis, centos e centos de estereotipos motivados polas relacións dos falantes nos dous idiomas oficiais.

Debaixo dunha aparente choqueirada latexa acochada, no noso íntimo, unha traxedia colectiva existencial como galegos, que nos resta forza en tódolos eidos da nosa vida: interior e exterior. En lugar de ser o idioma propio un factor de vencello, de cohesión antre os galegos/as aínda actúa como un elemento de dispersión ou división.

Malia o prestixio atinxido polo idioma nos últimos lustros, é difícil pechar a ferida histórica aberta hai cerca de 600 anos. Pois, deica a recente democracia, o galego estivo ausente de tódolos ámbitos da vida social, relixiosa, educativa, administrativa e política; un silencio que fai chorar ou cando menos tremer de carraxe. Velaí o estigma xurdido que arrastra á meirande parte da nosa poboación atrapado na súa ánima.

A lingua galega non é unha fala pequeña; e aínda que fora, ahondaría para conservala que a usasen 100 persoas. Decote esquécese decir, nos medios e polos representantes das institucións culturais galegas, da importancia do idioma galego no mundo; pois con pequenas variantes fálase en catro continentes e entendémonos con máis de 300 millóns no mundo; e un país emerxente: o Brasil.

Pero o uso do galego baixa ano tras ano. As políticas a prol do emprego da nosa lingua son nulas. O decreto da Xunta de Núñez Feijóo posiblemente sexa a puntilla que matará a creación espiritual, o eixo da cultura galega. Quen pandará co xenocidio lingüístico que estase a producir? A mocidade actual? A burguesía pitoña e analfabeta do propio, que se sinte superior subida nun falso pedestal? A Historia xuzgará ao asasino.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Síguenos en las redes sociales: FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad