si home si

Machistas e periodistas

 21:12  

XOSÉ MANUEL PEREIRO Se a idea que vostede ten dun periodista é a dun tipo ou tipa que sae na tele dicindo o que lle peta, aínda que sexa de forma educada, pode aforrar ler isto. Porque lles quero falar de dúas noticias que teñen moito que ver co periodismo de verdade: un informe que asegura que a maioría dos adolescentes son machistas, e as promesas do PP aos editores de diarios para paliar a crise da prensa. O informe, elaborado pola Federación de Mujeres Progresistas, di, e así o difundiron moitos medios, que o 80% dos adolescentes cree que nunha parella, a rapaza debe compracer ao rapaz. En canto ao outro, o responsable de Comunicación do PP, Esteban González Pons, prometeulle á Asociación de Editores de Diarios de España unha reforma legal para protexer a propiedade intelectual e axudas para a reconversión dixital. Que relación terá unha cousa con outra?, dirá vostede. Exactamente a mesma que o ovo e a galiña.

O da propiedade intelectual vai de reformar a lei para loitar contra a piratería e concienciar á sociedade de que non todo o que está en internet debe ser gratis. O que non entendo é que piratería hai nos periódicos. Son os xornais os que poñen de balde os contidos en internet. Eu, e moita xente, agradecémolo, pero non penso que ninguén reclame que teña que ser así obrigatoriamente. Os periódicos teñen todo o dereito a cobrar por algo que custa cartos e esforzos facer. Tamén defendo que haxa axudas á prensa. Se as hai para mercar un coche, con moita máis razón hai que apoiar unha industria cultural. Pero tampouco me cadra moito que sexan para a reconversión dixital, e non só porque hai nada houbo quen as recibiu para renovar rotativas. A reconversión dixital o que esixe fundamentalmente é contratar uns especialistas. Para elaborar os contidos, os profesionais que xa están teñen as mesmas ou moitas menos dificultades que as de adaptarse a traballar na radio, na tele ou nun gabinete de prensa.

O que pasa é que hai o convencemento de que para unha redacción dixital fai falta menos xente, ou peor pagada, como se o público de internet fose menos esixente. E aquí está a relación co informe sobre o machismo xuvenil. Todos os medios que o difundiron adaptaron a nota de prensa que lles chegou, ou a calcaron. Se consultaran o informe, verían que soamente se fixo en dous institutos (que xa é botarlle peito pretender que iso sexa representativo) e que de nove preguntas, soamente tres revelaban ese machismo. O de que o 80% dos rapaces consideran que as mozas deben compracelos nin sequera é certo. Sacárono -ademais de do titular da nota- de que só o 21% está totalmente en desacordo con esa afirmación, pero tamén está algo ou bastante en desacordo o 25-30%, co que en realidade é a metade (que xa lle chega, pero non é o mesmo). É a maiores, que se responde a unha pregunta así: que a parella está para amolar? Non discuto que os adolescentes sexan machistas, pero si os datos.

E isto pasa porque os xornalistas non teñen tempo e/ou motivación e/ou esixencia de contrastar as notas que lles veñen. Hai tal abundancia de información de parte interesada que chega para facer dous ou tres periódicos ao día, pero así os xornais, en papel ou dixital, serán unicamente taboleiros de propaganda disfrazada. Ou como dixo David Simon, que deixou o xornalismo para ser o guionista de The Wire, un día entéraste de que abriron un puticlub onda o colexio do teu fillo porque ningún periodista cubriu o pleno municipal no que se aprobou.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS

Venta de pisos

Piso en venta con 91 m2, 3 dormitorios en Ferrol

Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 87 m2, 3 dormitorios en Narón

Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Ático en venta con 65 m2, 3 dormitorios en Pontec

Ático, con 65 m2, 3 dorm, 1 baños, ..
ver más

Piso en alquiler con 108 m2, 4 dormitorios en A C

Piso, con 108 m2, 4 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO AMUEBLADO DE ver más

Piso en venta con 77 m2, 2 dormitorios en Cullere

Piso, con 77 m2, 2 dorm, 2 baños, ..
ver más

Piso en alquiler con 48 m2, 1 dormitorios en A Co

Piso, con 48 m2, 1 dorm, 1 baños, amueblado, .PRECIOSO APARTAMENTver más

Planta baja en venta con 78 m2, 2 dormitorios en

Planta baja, con 78 m2, 2 dorm, 1 baños, planta baja, ..
ver más

Piso en alquiler con 125 m2, 4 dormitorios en A C

Piso, con 125 m2, Buen estado, 4 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 1 plaza(ver más

Piso en alquiler con 65 m2, en A Coruña Capital,

Piso, con 65 m2, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje, .Apartamento amueblver más

Piso en alquiler con 45 m2, 1 dormitorios en A Co

Piso, con 45 m2, 1 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje, cocina de 4ver más

CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Elecciones Generales 2011