EN DIRECTO

Día Mundial contra o Cáncer (OMS)

 02:10  

PLÁCIDO LIZANCOS OCalendario de Celebracións das Nacións Unidas escolleu o día 4 deste mes para este fatídico recordatorio. E así se fixo. Xornalistas, médicos, sanitarios e enfermos salientaron os problemas desta terrible enfermidade en todos os medios de comunicación.

"Que dirá o meu amigo Nano García, alma do deporte en Radio Oleiros, ó lerme hoxe?". "Ultimamente escribes moi pesimista", díxome hai pouco. "Todo depende como o lector o interpretase, amigo Nano". "Que dirá, repito, o falar desta insidiosa e solapada enfermidade?".

Pois hoxe hai que falar dela. Coñecer a verdade, familiarizarnos con un dos xinetes da morte: cáncer, sida, enfermidades cardíacas, accidentes cerebro-vasculares, alzheimer, vellez, etc.

Ó non coñecer regras, o cáncer é amoral. Ó non ter outro obxectivo que a destrución da vida, o cáncer é inmoral, como un tumulto incontrolado de adolescentes inadaptados que envorcan a súa ira na sociedade da que son produto. É unha banda cun só obxectivo, sementar o pánico. Cando mata a súa vítima, mátase a si mesmo. O cáncer nace coa vontade de morrer.

O cáncer é asocial. O cáncer acadou a súa reputación lendaria de asasino silencioso. De todas as enfermidades que tratan os cirurxiáns reservan para o cáncer o nome de "inimigo".

O cáncer ten tamén outro modo de matar que non pertence á categoría de enfermidade localizada e permítelle atacar a unha ampla variedade de tecidos situados lonxe da súa orixe. Este mecanismo recibiu o nome de "metástase".

Meta é unha preposición grega que significa "máis alá de" ou "lonxe de," e stase connota "posición" ou "colocación". Utilizada por primeira vez xa en tempos de Hipócrates para indicar o cambio dun tipo de febre a outro, metástase aplicouse despois especificamente ó desprazamento de partes dun tumor. Na época moderna, esta palabra chegou a encarnar o risco característico da enfermidade, isto é: o cáncer é un neoplasma capaz de se trasladar fóra do seu lugar de orixe. En efecto, unha metástase é un transplante dunha mostra do tumor primario noutra estrutura ou incluso nunha parte afastada do corpo. A capacidade do corpo para metastizar é a súa característica máis distintiva e ameazadora. Se o tumor maligno non posuíra esta mobilidade, os cirurxiáns poderían curalo completamente, agás nos casos nos que afectase a estruturas vitais e fose imposible extirpalo sen poñer en perigo a vida do paciente.

Os oncólogos teñen sona de seren os médicos máis decididos, dispostos como están a facer practicamente calquer intento desesperado para diferir o inevitable. A cada paciente incúmbelle informarse sobre a súa enfermidade e coñecela dabondo para saber cando comeza esa fase na que todo tratamento é discutible. Intellixentibus pauca (a bos entendedores poucas razóns bastan). A relación entre o paciente e o seu médico de cabeceira seguirá sendo o esencial, como o foi desde os días en que Hipócrates expuxo por escrito as súas reflexións sobre esta cuestión. E cando a curación é imposible esa relación cobra unha importancia inconmensurable.

Despois do dito para a nosa derradeira tranquilidade quédanos o chamado Testamento vital, é un documento de vontades anticipadas ou de instrucións previas no que en vida se manifesta anticipadamente a súa vontade, con obxecto de que esta se cumpra sobre o tratamento da súa saúde ou chegado o momento do falecemento, sobre o seu corpo ou os seus órganos, sen que as persoas estivesen conscientes. En España é legal pola Lei 41/2002. Manifestación de vontades sobre o final da miña propia vida. Pode firmarse ante notario ou diante de tres testemuñas.

Eu ................ con D.N.I................ Maior de idade, con domicilio en .............

En plenitude das miñas facultades, libremente e tras unha adecuada reflexión, declaro: Que non desexo para min unha vida dependente na que necesite a axuda doutras persoas para realizar as "actividades básicas da vida diaria", tales como bañarme, vestirme, usar o servizo, camiñar ou alimentarme.

Que se chego a unha situación na que non sexa capaz de expresarme persoalmente sobre os coidados e o tratamento da miña saúde a consecuencia dun padecemento............... e que me impida manifestar a miña vontade clara e inequívoca de non vivir nesas circunstancias, para poder morrer con dignidade, as miñas instrucións previas son as seguintes: ......................

Espero que o meu amigo Nano, do que falo ó principio, vexa este traballo como interesante.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya