Na Historia de las ideas estéticas en España de Menéndez y Pelayo, no tomo VI, Cap.V, na páx. 392, topei o seguinte: "La página más brillante de crítica musical que se escribió en España durante la primera mitad del siglo XVIII fue compuesta por un hombre que no era músico, (isto recórdame a don Telmo) pero a quien su grande entendimiento (...) abriría una era científica que por excelencia debiera llevar su nombre: siglo del Padre Feijoo (...). Sin duda alguna fue la música la única manifestación estética que llegó a conmover las fibras de su alma"

No citado capítulo do mesmo tomo copio o seguinte: "Afirma la ilustre escritora coruñesa doña Emilia Pardo Bazán, en su discreto panegírico de Feijoó, que revelan las obras del polígrafo Benedictino verdaderas aptitudes para la crítica musical, muy raras en su tiempo".

"Servatis, servandis" (Mantendo as distancias), o mesmo me pasa a min. No meu currículum "negado total para a música". E recordei aquilo "quod natura non dat Salamantica non praestat" (O que a natureza non dá, Salamanca (Universidad) ... "menos").

E lanceime, grande atrevemento o meu, a comentar co corazón, as miñas impresións, despois de asistir o venres, 8 deste xuño, invitado reiteradamente polo dinámico Nano, á Noche de cantautar, ó concerto no Baba-Bar que nos ofreceron, a parte de músicos, os bardos, (quen son os cantautores das fazañas dos celtas) como: Paris Joel, Miguel Castro, Pablo Rubén Fernández e Xurxo Mares.

Este Paris non é de quen nos fala a mitoloxía grega fillo de Príamo, foi quen ó raptar a Elena, provocou a guerra de Troia. Aquí Paris Joel é a alma do grupo, é o facho da constancia.

Transmitíronnos unha cura, unha verdadeira catarse, (purificación das paixóns do ánimo mediante as emocións producidas polas obras de arte) absorto polo sentimento íntimo que transmitían os devanditos cantautores. Foi un gran concerto, unha noite inesquecible, tranquila, plácida.

Cantautor é un artista que, por regra xeral é autor da letra e a música das súas cancións. Nas que soen incorporar temáticas sociais, políticas, persoais e filosóficas aínda que hai cantautores que cantan sobre todo ó amor como os deste grupo que tanto me emocionaron. Durante un tempo chamóuselle a este tipo de música canción protesta. Hoxe en día o termo encóntrase menos cargado de connotacións críticas ou reivindicativas que no pasado, e pode tratar case calquera tipo de temática nas súas cancións. Segundo o eficiente documentalista Bernardo Romay e Gali Nova Editorial a máis especializada nestes temas musicais de toda España, dinnos que nas súas cancións soen incorporar varias temáticas.

Falei cos cantautores e palpei a nobreza e boa intención que os anima: "A xenerosidade e o corazón aberto dos cantautores dáse en moi poucas profesións".

Cóntame Paris Joel que "o noso obxectivo é promocionar a canción de autor e todo o que recademos con estes concertos destinaranse a proxectos comúns como grabar un disco colectivo, un DVD, invitar a cantar connosco a outros artistas, etc., etc.

Segue Paris transmitíndonos o seu entusiasmo e a súa obra cos seus compañeiros xa citados. "Levamos moito tempo facendo esforzos por promocionar a canción de autor e semella que agora se nos brindan dúas oportunidades que temos que aproveitar: unha é esta dos Venres de Cantautar no Babar, da Coruña, e outra a da actividade Canciones Concéntricas que imos facer cada terceiro sábado de mes na sala La Tuerka 27.

Ata aquí as inquedanzas destes vocacionais cantantes con tantos triunfos ás súas costas. Conmocionáronos as súas cancións ... isto foi o que produciu en min un sentimento de catarse, do que xa falei antes, de arrobamento.

E anúncianse moi humildemente, como pedindo permiso: "Mañana cantautamos en la Sala Baba Bar de Coruña, en la calle Pérez Cepeda, a las 21.30 de la tarde a 5 euros la entrada con consumición para que también, poco a poco, vayamos recaudando para ese disco colectivo que se está haciendo ahora mismo en Galicia".

"Queremos formar peña, afición, gusto por la música y la poesía. Haremos un sitio en la programación musical de la ciudad que cantamos". Animádevos e vinde porque como dixo Xurxo Mares: "nosotros hacemos canciones para la posteridad y vosotros sois unos privilegiados porque las podeis escuchar ahora". E eu considereime un privilexiado en estar alí.

Haberá fins máis sublimes que os destes idealistas nos tempos que corren...? Colaboremos asistindo ós seus concertos e dando a coñecer esta actividade tan altruista.