Rajoy en Marte

 02:12  

LINO BRAXE Parece ser que o robot Curiosity anda á procura de vida intelixente en Marte, debe ser que xa renunciou a atopala na Terra, onde a especie humana decidíu desde hai décadas que os gobernen os idiotas. O que está a descubrir o noso robot é moi importante. Marte pode converterse nunha imensa gasolineira espacial. Un lugar de parada para proseguir viaxes interestelares. A NASA sabe desde hai anos que no interior do chamado planeta vermello, entre a codia e o núcleo, existen grandes reservas de auga. Osíxeno e hidróxeno a mans cheas para as nosas futuras naves espaciais. Pero Charles Bolden, o director da NASA temén sabe que en Marte non hai vida. Pensemos logo que estamos diante da posibilidade de construir un trampolín desde onde os seres humanos poidamos levar a nosa vida a outros planetas. Pobriños estraterrestes, o que lles espera. Así conqueriremos que a saga Star Wars de George Lucas estexa cada día máis perto de convertirse nunha realidade. Isto se observamos a Marte desde a ciencia e desde a arte. Se o observamos como unha enorme duna de area sería diferente. Transportaríamos desde Marte area a moreas e a moi baixo coste. Outra burbulla inmobiliaria no horizonte. Ademais se o planeta vermello se endebeda cos mercados non hai responsables porque está deshabitado. Non hai hipotecas, nen desaucios, só area e auga. Tampouco poderían pedir nengún rescate. E nisto do rescate, nós, somos algo marcianos, porque tampouco o damos pedido. Claro, como Rajoy vive nun eterno dislate, as cousas non se acaban de ver nidias. Como el fai cousas que non quería facer e ademais non lle gosta facelas, pois nunca sabemos por onde vai sair. Vaia, non é así, por recortes seguro que sae. Tamén dí que "fará o que conveña ao interés xeral dos españois". Sabe Rajoy cal é ese interés xeral dos españois? Desde logo no meu nome que non faga nada, porque o seu interés non é o meu. Que deixe xa de comprometer a súa palabra. Cada vez que dí que non vai recortar nunha partida acaba facéndoo e cando dí que non subirá impostos, acaba subíndoos. Nunca vin un presidente que perdese en tampouco tempo a súa credibilidade. Está incendiado. A última ocurrencia é un disparate. Non son os parados os que teñen que limpar e adecentar os bosques. Ousexa man de obra gratuita. Os novos escravos. Pero é que este home non acabará de entender que o que cobra o parado é o subsidio de desemprego polo que estivo pagando durante o seu periodo como traballador? Non haberá violadores, asasinos e terroristas nos cárceres para facer este labor? E aínda habéndoos, están preparados para facelo? Según din os gardas forestais e os brigadistas, non. En fin, que se trata dunha marcianada máis de Rajoy. Hai que mandalo para Marte. Estou certo que el é a vida intelixente que está a buscar o robot Curiosity. Ademais, hai auga e area. Podería tirarse á bartola e descansar de tantos sacrificios realizados polo ben dos seus compatriotas. O que non sei é se en Marte hai diarios deportivos, porque el sen literatura non é quen de sobrevivir ás altas temperaturas.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona | Diario de Ibiza | Diario de Mallorca | Empordà | Faro de Vigo | Información | La Opinión de Granada | La Opinión de Málaga | La Opinión de Murcia | La Opinión de Tenerife | La Opinión de Zamora | La Provincia | La Nueva España | Levante-EMV | Mallorca Zeitung | Regió 7 | Superdeporte | The Adelaide Review | 97.7 La Radio | Blog Mis-Recetas | Euroresidentes | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya