Fernández de Mesa comezou a súa andadura política institucional sendo concelleiro de seguridade no Concello de Ferrol. Alí tamén foi tenente de alcalde e portavoz do PP no consistorio. Andou nestas ocupacións durante case unha década. - durante ese período viveu na reconversión naval promovida polo primeiro goberno socialista de España nos anos 1984 e 1985. De Mesa destacou nesa época por ser un defensor dos traballadores de Astano e Bazán, realizando varias intervencións encendidas e contundentes a favor daqueles que estaban a perder o seu posto de traballo. Cando o alcalde socialista, Xaime Quintanilla, recén operado do corazón, foi agredido brutalmente durante unha ocupación do consistorio por elementos radicais, De Mesa saiu en defensa do seu adversario político e logrou resgatalo das iras dos máis arrebatados. Ata aquí, todo ben. Que pasou para que este home, en principio tan ecuánime, acabase sendo motivo de mofa para os seus propios compañeiros de partido e o protagonista dos meirandes fracasos en xestión institucional? Durante o desastre do Prestige, no 2002, De Mesa, era delegado do Goberno en Galicia, con rango de subsecretario de Estado. A el pertecen varias pérolas coas que agasallou os ouvidos dos galegos e galegas. Lembremos algunhas: "Probablemente o fuel non toque a costa galega". "O destino do fuel no fondo do mar é convertirse en adoquín". "Hai unha cifra clara, e é que a cantidade que verteu o buque non se sabe". Brillante. Pasemos por alto a súa época en Canarias, que tamén deixou intervencións memorables para os medios de comunicación. Vaiamos directamente a Ceuta. De Mesa armouse un lío monumental desde o primeiro momento. Negou que se usasen pelotas de goma contra os inmigrantes, e tivo que ser correxido polo ministro do Interior Jorge Fernández Díaz, quen afirmou no Congreso que si se usaran pelotas de gomas contra os inmigrantes. De Mesa chegou a decir que ía interpoñer querelas a todos aqueles que cuestionasen o bó facer da Garda Civil. El estábase a referir a determinados xornalistas incómodos que lle realizaban, ao seu ver, demasiadas preguntas. Todo se disparatou tanto que incluso, desde a propia institución da benemérita, iso sí, gardando un absoluto anonimato, houbo quen dixo que "o actual director da Garda Civil ten unha preparación que dificilmente lle permitiría ser garda". Demoledor. - por aí segue. Como é íntimo de Mariano e este continúa instalado no tancredismo, pois nada, a roelo. Que pasou, que pasou, para que alguén se desviase tanto do seu propio camiño? Ambición, orgullo, diñeiro? A min, como son de Mugardos e o da reconversión pillou a parte da miña familia, pois gostábame máis o Arsenio defensor da naval e de Quintanilla. Pero moito me temo que De Mesa non nos agasalle con ese perfil seu tan lonxano xa no tempo.