Namentres se converte en espectáculo o bombardeo de cidades, os éxodos e a matanza de inocentes, teimamos en cifrar o progreso en calidade de vida... pra uns cantos ¿...e a calidade de espírito... o saber que vale unha vida, o dialogo, a liberdade? Pois velaí que entre as ruínas do dispendio e do escravismo de Cuba asoma e planea a dignidade. Illa gardadora de humanismo, dunha identidade mestiza, de floreceres, tamén galegos. Mirar para este ollo do furacán de colonizacións e descolonizaciónsé unha lección de fondura, de resistencia.

Cada día abre e pecha un capítulo da contemporaneidade, ese longo período que se enceta coa Revolución Francesa fronte ao Absolutismo... e non compre repetir como acabou, en novas ditaduras, facéndoas hereditarias e edulcorándoas. Fin dun tempo que abre a outro.

Ironías do destino: esta noite do Día de Acción de Grazas alongouse nas Américas. Festa, herdanza dos colonos en honra das colleitas, cando os estadounidenses estaban aínda arredor do pavoasado, de tortas de cabaza e correr de sidra a esgalla. Cea seguida da resaca dun día longo de desfiles e do Black Friday, cando na madrugada habaneira o presidente de Cuba, Raúl, un dos heroes do Granma interrompe nos plasmas coa noticiada mortedo seu irmán Fidel, contaba noventa anos.

Espállase a noticia, repásanse o sesenta anos de absolutismo sobre Cuba, a vida e a obra dese paternal e barbudo Pantocrátor da Patria, vixiante, uniformado de verde oliva e ás veces coa "guayabera". Pasamento que non é indiferente, cando se entroniza o espectáculo, e menos aínda pros cubanos de Cuba e pros desa 8 th street de Miami, a little Havana e no exilio polo mundo adiante. Loito e festa maior pra uns e outros.

Repásanse as biografías, asomanos anxos e os demos: descendente de galego de Láncara, onde aínda se conserva acasa-cortello daquel emigrante, espazos que el quixo coñecer. As pedras da súa lareira orixinal xa se lle mandaran pra aquecer a memoria das orixes na súa casa da Habana. Avogado, grandilocuente, sedutor, carismático, comandante xefe dunha revoluciónde oprimidos fronte a opresores, coa teimosía da bandeira estrelada e o berro "Victoria o muerte: venceremos". Uns comparárono cun David fronte a Goliath, deus, iluminado, novo mesías marxista pra outros engano, tirano...

Castro e a súa cuadrilla de mozos idealistas soberanistas pasaron a definirse como comunistas cubanos. Nimbados no mito, entre o recendente fume de Cohiba e mitins interminables. Efecto rebelde datiraníaque se instala no que fora goberno golpista militar de Fulgencio Batista, quen pra autosucederse "democraticamente" amaña unhas eleccións. Tiranías erguidas e medradas sobre tiranías, amas de cría da corrupción. Acéndese a revolución e mesmo os Estados Unidos do presidente Eisenhower ventilan mediaticamente a histórica rebelión e inicialmente aplauden aos barbudos mozos revolucionarios e ácinematográfica secuencia da arriscada mobilización ao fronte do carismático "El Caballo", "El Uno", Fidel. Por bandeira e estrela o decimonónico humanista, demócrata republicano, filósofo e poeta, creador do Partido Revolucionario Cubano, o soberanista, José Martí, "el hombre sincero de donde crece la palma..." omnipresente sobre o mapa curvo de Cuba. Lugares e andares revolucionarios que hoxe se venden como itinerario turístico. Aqueles mozos e mozas idealistas daban resposta á provocadora explotación campesiña, aos negocios coa mafia estadunidense arredor do xogo, da prostitución... "Hoyyanki, ayer española"... cando quere ser cubana, a gota que rebordaba o "oriente indómito cubano". Se non hai opresión non hai rebelión.

Reunións secretas dunha célula de iluminados na granxa Siboney, perto de Santiago de Cuba, foron punto de partida para o asalto aos emblemáticos cuarteis deMoncada e de Bayano, un 26 de xullo do 1953, data tatuadana memoria cubana. Fracaso guerrilleiro quemultiplica a represión de Batista, con 22 meses de apresamento e xuízos e que, pola contra, engrandece polo mapamundi o carisma de Fidel na súa autodefensa, así como a difusión da represióndo goberno de Batista, coa resposta por escrito de Fidel "La Historia me absolverá"...

Castro, amnistiado por Batista, funda na clandestinidade o Movemento 26 de Xullo. No Nadal do 1956 a guerrilla de mozos e mozas, campesiños, estudantes e algún novo empresario dano todo por rearmarse na espesura tropical da serra Maestra... Namentres dende Veracruz, en México, sae na escuridade o yate Granma cos apóstolos da revolución cubana, entre eles Fidel, Raúl, Cienfuegos, o Che... a guerrilla insular está atenta aos enlaces e o 1 de xaneiro do 1959 o Che e Cienfuegos entran na Habana, instálanse en La Cabaña, a un tempo que Fidel é aclamado en Santiago. O tirano presidente, coronel Batista, fuxe cos cartos amasados, acollerao Salazar en Portugal e morrerá en Marbella no 1973. Fidel é aplaudido enWasington e en New York en abril do 1959. Comezan as primeiras medidas, a nacionalización, a expropiación de empresas e latifundios, o exilio e os primeiros balseiros entre os tiburóns... As relacións internacionais deterióranse e féndense definitivamente cando os EEUU axudan aos exiliados cubanos de Miami pra invadir novamente Cuba co abortado desembarco na badía de Cochinos. Vira entón o acontecer, máis aínda ao entrar no conflito a URSS de Khruschevco traslado á illa de misiles soviéticos. Propágase o medo de que o novo comunismo cubano inspire outras revolucións. E sempre no espírito o icónico Che. Dende entón e con Gorvachof Cuba foi cada vez máis illa e o goberno de Fidel definido como de Stalinismo tropical... o empobrecemento, a prostitución, a envurullada burocracia, inspiradora de filmes, atribúense a unha inexperta xestión, a unha nova corrupción militar, cegos e xordos ás responsabilidades. E como inri a tortura do cerco estadounidense, pese a todo mantendo a identidade, o idioma, o humor, a calma, as tradicións hispanas, tamén galegas. A sombra de Fidel alóngase máis alá do seu "retiro" no 2006.

Creadores leais, Nicolás Guillén, Alejo Carpentier... a Nova Trova, a bailarina Alicia Alonso, propagandistas da azucrada rebeldía e simpatía de Cuba, Heminway, García Márquez, Neira Vilas, Anisia Miranda, Gadés, Maradona... e o esforzo conciliador do historiador da Habana Vieja, oriúndo de Galiza, Eusebio Leal, rehabilitador e revitalizador dunha historia cos seus pros e cos seus contras, coa presenza de Galiza en cada recuncho: os centros galegos, o cruceiro, o fonsagradino Caballero de París... Anacos de Historia a tratarsen esquecer o principio do "elefante na cacharrería".

Velaí a actualidade das biografías. Relemos ese denominado thriller político que é Una Conversación en La Habana (1989) de Alfredo Conde e o Castro el desleal(2004) do periodista francés Serge Raffy.

O Cortexo fúnebre, coas cinzas do comandante xefe parte da nostálxica Cidade das Columnas, recorre a curva de Cuba, os réquiems tradúcense en discursos. O espectáculo, o cóctel con cocacola e ron continuará no Tropicana, na Bodeguita del Medio, no Floridita, entre mojito edaikiri, entre cha-cha-chas e mambos, festa mestiza. Polo mundo adiante esoutra historia máis encarnizada e todas protagonizadas por seres humanos. ¡Manda carallo na Habana!