Marzo

Hermano. Muerto hermano que no te conocía,

labrador de la sangre

sobre el asfalto negro, una mañana,

o mejor una aurora: su final, el comienzo.

Te hicieron Dios pues tu sangre revive cada día,

cada grito, en cada nueve bala.

Te hicieron Hombre y te hicieron Historia.

Se mataron un poco con tu muerte.

Amador, Daniel, el 10 de Marzo.

Con este poema titulado Marzo abre o seu libro Poemas del diez de marzo, Rafael Bárez. Poeta e avogado que tan prematuramente nos deixou. Un máis inválidos e desvalidos do que estábamos. Entre desolación e o desasosego. O pasado xoves no Rosalía e o venres no cárcere de A Coruña, onde estes versos foron escritos, celebrouse unha sentida e xusta homenaxe a Rafael, unha homenaxe que levaron adiante un grupo de persoas que o quixeron e admiraron. Mormente, Toya, a súa compañeira, Manuel Rivas e Xesús Alonso Montero foron os que nos levaron nesta barca da amizade e da poética ata lograr que o libro fose un obxecto real. Como apuntan os encargados da edición do libro: "Poucas persoas, do ámbito político, deixaron un ronsel de simpatía persoal, de adhesión moral e de admiración como o que deixou Rafael Bárez. Como tamén foi un cidadán esclarecido do eido da cultura, cada vez eran máis voces, nestes tempos de miseria, as que reclamaban un recoñecemento digno da súa biografía". Quero celebrar desde estas páxina un achádego marabilloso que nos une a todos arredor da figura do compañeiro e amigo Rafael Bárez, pois foi Toya Fernández, a súa compañeira, quen descubriu nun caixón semiesquecido, un libro de poemas de Rafael, escrito na prisión da Coruña nos meses que seguen ao dez de Marzo de 1972. Este é o poemario que ofrecemos a amigos, camaradas e admiradores de Rafael Bárez e a cantas persoas gusten da poesía escrita desde dentro dun gran acontecer histórico. Desde que se anunciou, hai meses, a aparición deste volume, centos e centos de persoas colaboraron económicamente na publicación do poemario. É pois un libro dos amigos, pagado polos amigos. E do que a Editorial Alvarellos realizou unha magnífica edición, cun deseño extraordinario de Pepe Barro.