O LABIRINTO DO ALQUIMISTA

Ferrol cara ó Patrimonio da Humanidade

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Felipe Senén

Máis alá de Compostela, declarada Patrimonio da Humanidade no ano 1985, Lugo deu un exemplo de cidadanía, cando no 1990 retomou a idea de propoñer ás murallas romanas que circundan a súa cidade no listado de Patrimonio da Humanidade. Entón, teimudamente, contra vento e marea, os lucenses chamaron e franquearon todas as portas ata conseguir o título. Inscripción que debera significar máis á hora da vixiancia e salvagarda de patrimonio tan singular. Tamén, dende entón e como pasa sempre no reino das tribus, estas aprenderon: argalláronse novas propostas. E compre saber -e sabelo ben- o cando, o como, o onde, tamén o con quen se fai esto... pra así acadar mellores resultados. A Torre de Hércules, a Ribeira Sacra, os Ancares e o camiño de Santiago da beiramar son outras propostas... Hai outra que colle mellor carreira, debido ó pulo dado polas autoridades e ó movimento sociocultural da cidade que está detrás, é a do "Ferrol da Ilustración" (emporio militar dos Castelos da ría e o Arsenal). Merecería maís aínda esa cidade, feita con compás e cartabón para o océano.

O Ferrol é un todo harmónico, onde cada tempo se someteu disciplinadamente a normas. Mesmo seus persoeiros, pese a ser únicos e diferentes, teñen un aquelo de meticulosa racionalidade: Concepción Arenal, Hildegart, Bello Piñeiro, Sotomayor, os Franco, Francisco Iglesias Brage, Carballo Calero, Torrente Ballester... organizaríanse moitos museos con tanta reliquia e tanta Historia... E os museos, si se saben facer, son recursos culturais e turísticos, fundamentais para a educación e para a economía. Non hai máis que saber mirar para outras partes onde xa se teñen andado camiños que por aquí aínda quedan por andar. Pese a todo, temos sido testemuña de como terceiras xeracións, non podendo soster os legados dos avós, fóronse desfacendo de obxectos, documentos, as pegadas dunha singular historia e o esquelete de pétreas estructuras.

Por algo nos mesmos dias ilustración, lord Pitt dixo aquelo de que "si o Ferrol fose Inglés rodeariao con murallas de prata". O Ferrol acolle na súa estructura urbana toda unha antoloxía das inquedanzas Ilustración. Baseado na ordenación de tres barrios que converxen co Arsenal que lle deu vida: o barrio orixe, o "Ferrol Vello", a Magdalena e o Esteiro.

A estratéxica ría e paraíso ábrese ó Golfo Artabro, entre a Bailadora da Punta Coitelada e o Cabo Prioriño, para furar, estreita entre a sobriedade militar dos castelos da Palma e de San Felipe, tamén de tristeiras lembranzas... as aldeiñas mariñeiras con casas de fachada caleada e carpinterías de cor, balconadas que miran a hortas e a augas tranquilas. Estructuras tradicionais polas que compre velar... Mugardos nunha banda, na outra a Gándara, sen perder de vista ese Arsenal, ilustrado, sobrio, neoclásico, en paralelo a unha cidade que busca a harmonia, a proporción do ansiado "número aureo", onde os mellores inxeñeiros e científicos da Armada participaron: o porto, diques secos, cuarteis, tinglados, templos...Obra sempre inacabada, na que os primeiros planos do Arsenal son do ano 1732 e débense a Francisco Montaygut, seguidos no 1747 por Cosme Álvarez e Joseph Petit de La Croix. O proxecto amplíase a partir do 1751 e serán Francisco Lovet e Julián Sanchez Bort os que lle den unha particular impronta a todo o corpo urbano, sumando as supervisións por parte do centífico Jorge Juán.Tampouco falta á cita ferrolán o ilustrado Eustaquio Giannini a quen lle encargaron a planimetría de vixías na costa e a reconstrucción da Torre de Hércules.

A cidadde non somentes quedou nun corpo, senón que se lle deu un espíritu, musical, numérico, pitagórico... o que evoluiu e aínda se pode descubrir sobre a súa mesma pel. Etanto que se deixou perder. O Museo Naval do Ferrol é exemplar principio, merecente de todo tipo de antencións dentro da nova museoloxía. E como este os arquivos do acontecer, con documentos, planimetría, fotografías... bibliotecas. Houbo e hai historiadores sensibles, rigurosos e comproemtidos, Juan Antonio García Villasante ou o catedrático de Historia da Arte Alfredo Vigo Trasancos, entre moitos outros que se téñen adentrado neste mundo para dalo a coñecer e revalorizalo.

Déronse pasos firme e seguros sabendo cara onde se vai. E sendo o Ferrol como é conseguirá o inscribirse entre as cidades Patrimonio da Humanidade, pese ós traspés do camiño, de reducir a delaración a espazos pechados como os castelos e o Arsenal, cando a cidade é un todo mirando a esa previlexiada e defendida ría, que implica igualmente ó concello de Mugardos; pese tamén a ese cancro evolutivo, imposto e que medra sobre o seu porto. Referímonos á alarmante planta gasificadora de Reganosa, que, non respetou a paisaxe, nen a arqueoloxía, nen a historia, nen outras alternativas

As forzas vivas, as agrupacións culturais, o goberno da cidade, moi especialmente Defensa, as fundacións, as entidades económicas e os mesmos cidadáns están empeñados e toman como súa unha proposta conservadora e innovadora. Comprométese a Xunta, o Ministerio de Cultura, o Icomos, dase a data do 2010. Namentres agardan moitas outras propostas, as que conlevan estudos, esforzos en rehabilitación, ilusións, creatividade, claridade expositiva e sensibilizadora.... a fin de conseguir da Unesco o proposto ou unha nova desilusión. De todos xeitos a cidade non vive somentes de teorías e títulos. O Ferrol xa está afeito a todo e superou batallas peores.



Felipe Senén é museólogo

e técnico de Xestión Cultural

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009