SI HOME SI

O verxel

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Xosé Manuel Pereiro

A ver se fai unha reportaxe para que a xente veña aquí", comentoume toda sorrinse non hai moito unha muller nun deses lugares da Costa da Morte que aínda evolucionan ao seu aire. Debín poñer a cara de circunstancias que penso que poño cando non sei que cara poñer, tipo deixe-que-xa, e a señora reflexionou: "Bueno, que veñan pero que non queden". Non sei que expresión compuxen por fóra, pero interiormente quitei o sombreiro que non uso para recoñecer a súa precisión á hora de centrar esa polémica cuestión que para algúns é a protección da costa e para outros a parálise da construción. E xuro que a señora tiña ben máis pinta de público de Luar que de ecoloxista.

A liña de pensamento que considera indisoluble o matrimonio cemento-progreso e que ten como lema: "Da paisaxe non se come" ten tanta vixencia no mundo occidental como a de que a terra é plana, quitado en zonas de España como Valencia ou Galicia, onde sobrevive por circunstancias que asombran ós antropólogos e fan brillar os ollos ós economistas. Cando a Xunta decretou a paralización da construción no solo urbanizable situado a menos de 500 metros da costa nos concellos que no teñan a súa planificación urbanística adaptada ás lei vixente, máis de dous portavoces do sector inmobiliario clamaron que sería matar "la gallina de los huevos de oro", animal mítico que descoñecemos os que non somos do sector. "Galicia no se puede permitir el lujo de ser toda un vergel", dixo máis recentemente outra personalidade relevante, de forma un tanto sorprendente, porque o único de verxel que vai quedando (agás que haxa posibilidade de abrir unha canteira) son aqueles lugares condenados a despoboarse. O de Galicia é, con moito, o territorio máis degradado -por non dicir o único degradado- en toda a costa atlántica peninsular, do Bidasoa ao cabo San Vicente.

O certo é que, coas excepcións que queiran, o sector da promoción inmobiliaria fracasou na ordenación urbanística. Nin cando o facían á brava, nos 60 e os 70, nin agora cando o fan gañando a vontade das administracións que en teoría son as encargadas da tal ordenación. E igual fracaso tiveron a inmensa maioría dos concellos, concedéndolles que fose iso o que buscaban. Que non, porque os argumentos urbanísticos que invocan son polo xeral, de deixar facer o que sexa, porque se crea riqueza. Crear crearase, pero non onde vai parar. O que ingresan os concellos por licencias de obras é unha cantidade ridícula en relación cos presupostos. Curiosamente, a presión construtora céntrase agora naquelas zonas nas que baixa a poboación, da Costa da Morte á Mariña de Lugo. Eses lugares que para os mesetarios teñen unhas paisaxes preciosas, cómese como nunca e os indíxenas son amables. A galiña mítica poñería ovos de ouro, pero o que se ve que chocou son unha chea de Pocerolandias. Edificios enteiros coas persianas baixadas once meses o ano, que se embargo necesitan servizos e mantemento de infraestruturas doce meses. E coas novas construcións chegaron tamén novos prezos para as vivendas, incluso para os nativos.

Pero o importante é que a tal galiña siga poñendo.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009