EN DIRECTO
EUME

Pontedeume ten illa

A Consellería de Política Territorial vén de protexer o illote de Carboeira e o val inferior do Eume nas súas Directrices de Ordenación do Territorio.

 02:07  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Illa de Carboeira, no litoral eumés.
Illa de Carboeira, no litoral eumés.  la opinión

NURIA RODRÍGUEZ. PONTEDEUME. Pontedeume dispón dunha única illa ou máis ben dun illote, o de Carboeira. Situado fronte a praia nudista de Ínsua, en Boebre, vén de ser protexido polas novas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT), recentemente aprobadas pola Xunta. A illa Carboeira únese deste xeito ás outras paraxes protexidas da comarca eumesa, coma son o parque natural das Fragas do Eume e o Lugar de Interés Comunitario (LIC) Xubia-Castro, que inclúe os municipios da Capela e As Pontes, no Eume, así coma os de Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño e As Somozas, en Ferrolterra.
Non é a única zona que protexe a Consellería de Política Territorial nas súas novas directrices, coas que pretende definir un modelo territorial para Galicia que estableza unha nova relación entre o campo e a cidade e que promova un desenvolvemento sostible, así coma a protección da natureza e do patrimonio cultural.
O Executivo galego tamén protexe, xunto coa illa Carboeira, o val inferior do Eume, que está fóra dos límites do parque natural e inclúe a todos os municipios eumeses excepto o das As Pontes.
A única illa de Pontedeume leva o mesmo nome que a punta na que se unen a ría de Betanzos e a de Ares, a punta Carboeira. Así coma o illote semella non ser nada especial, máis que para os rapaces que se botan a nado cara a el, no caso do accidente xeográfico é diferente. Nel atopáronse antigas laudas sepulcrais, polo que se presupón foi lugar de enterramentos e os máis vellos falan dunha antiga capela ou igrexa neste lugar.
Hoxe, ademais do valor arqueolóxico, a punta Carboeira ten
valor para as institucións marítimas. O territorio competencia da Capitanía Marítima da Coruña abrangue dende a punta Carboeira ata a punta Río Sieira, no Concello de Porto do Son. A Capitanía Marítima de Ferrol ten competencias no anaco de costa que vai dende a punta de Estaca de Bares ata, de novo, a punta Carboeira.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009