a pé de rúa

Vai de pailanismos

 

XOSÉ MANUEL MALLO Un mal entendido localismo, que por aquí chamamos pailanismo, foi unha das causas da rivalidade existente entre os seareiros do Valladolid e do Deportivo. Máis ben tería que dicir entre unha parte dos seareiros, en especial dos pucelanos, porque até hai moi pouco era imposíbel que existise esa rivalidade dada a diferenza de potencial deportivo entre os dous equipos, diferenza que, por outra banda, os pucelanos sempre souberon mitigar no seu campo, que unha cousa non ten que ver con outra. Ese mal entendido localismo, voulle chamar así porque os pailáns só somos nós polo visto, nasceu cando Lendoiro decidiu denunciar o atropelo que sofreu o Deportivo en Zorrilla na volta da Copa do Rei da temporada 88-89. Dous goles ilegais, agresión de Fernando Hierro a Fran, lesión de Ramón tras unha salvaxe entrada de Patri? Unha actuación arbitral que impediu que un equipo de Segunda, naquela época, xogase a final dese torneo. Esa acción do presidente do Deportivo provocou unha reacción que hoxe dura, que se ve, e algún sofre, cando vai co equipo coruñés a Pucela. Foi esaxerado o acontecido na última visita albiazul co gallo doutro partido de volta da Copa; pasouse do límite hai dúas tempadas cando algúns coches con matrícula da Coruña sufriron desperfectos. Cousas sen senso algún. A rivalidade ten que estar no campo. Fóra de aí cero, só para vacilar. Aquel oscense que lesinou Patri, Ramón, acabou sendo compañeiro do seu agresor en Valladolid; Barragán, a quen puñan a caldo tras lesionar a Óscar Sanchez, é agora compañeiro do pucelano. Nese equipo hai un presidente moi vinculado á cidade coruñesa, Carlos Suárez, e o seu preparador físico, Aramallo, estivo tamén traballando no equipo coruñés. Entre eles todo vai perfecto, a ver se tamén os da grada pensan o mesmo porque o que pode ser unha grande fin de semana, estrágana catro parvos. Que estamos a dous pasos?

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya