A colección Putumayo publica un álbum de cancións do Nadal

'A family christmas' é unha obra na que participan artistas como Sam Bush, Deana Carter, Kate Rusby e o grupo Brave Combo

 02:38  
O músico norteamericano Sam Bush. / la opinión
O músico norteamericano Sam Bush. / la opinión 

O. L. | A CORUÑA Distribuído polo selo Karonte, a colección Putumayo edita un dos seus novos traballos, centrado nesta ocasión nas cancións de Nadal.

Once temas compoñen este álbum, no que atopamos a algúns artistas que teñen ligazóns coa música de raíz e que fan algúns dos mellores temas do disco.

Sam Bush é un dos renovadores do bluegrass e o seu talento fica plasmado na súa obra musical. Tocando a mandolina realiza aquí unha bonita versión instrumental de Sleigh Ride. Deana Carter é unha cantante country que aporta a peza Winter Wonderland a este traballo colectivo.

Outra presenza provén do mundo do folk británixco. Falamos da cantante inglesa Kate Rusby, que deixa a súa melodiosa voz nunha boa versión de Here we come A-wassailing. Outro que salienta é o cantautor Martin Sexton cunha excelente interpretación vocal en Holly Jolly Christmas. Tamén aportan algo creativo os compoñentes da banda Brave Combo con Jolly old St Nick e a proposta tinxida de blues dos The Christmas Jug Band coas voces de Angela Strehli e Maria Muldaur na interpretación de Boogie Woogie Santa Claus.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya