|
|
|
HEMEROTECA » |
|
EUROPA PRESS O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que "queda moito camiño por percorrer" para dicir que Galicia, cando se cumpren sete anos do accidente do petroleiro 'Prestige' acontecido o 13 de novembro de 2002, "ten todos os medios e seguridades para afrontar unha catástrofe deste tipo".
"Nunca podemos dicir que estamos preparados suficiente. Queda moito por avanzar nese camiño", sostivo o conselleiro preguntado pola posibilidade de que a Xunta reclame as competencias de salvamento e loita contra a contaminación. "Non o descarto", apostilou.
Rueda comentou que hai convocada unha reunión próxima entre Administración galega e central para falar do primeiro paquete de transferencias que o Consello da Xunta acordou pedir hai mes e medio. "A partir de aí, pedir as demais", sostivo e engadiu que "a Galicia lle quedan moitas competencias para poder avanzar dentro do seu autogoberno".
En concreto, sobre as de salvamento e loita contra a contaminación, avogou por "dar esa opinión sobre fundamentación técnico", o que dixo "correspóndelle a outra consellería con máis competencias" na materia.
Ademais, reiterou que a decisión que se tomou de retirar o grupo de expertos en catástrofes --Centro para a prevención e loita contra a contaminación marítima-- que existía en Galicia "non é adecuada".
INSTRUCION
En relación coa instrución do 'caso Prestige', o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Angel Cadenas, recordou que se resolveron os recursos interpostos no seu día sobre fixación de imputados.
Por iso, engadiu que agora está en trámite de culminación a execución da resolución xudicial, a ultimación das dilixencias que queden pendentes "e está abocado a formular escritos de acusación e defensa se é o caso e fixación de data de xuízo".
|
|
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||