DIRECTO
A Cidade dos Barrios

Boa acollida en Feáns para a proposta de hortas urbanas

 18:56  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Boa acollida en Feáns para a proposta de hortas urbanas
Boa acollida en Feáns para a proposta de hortas urbanas Víctor Echave

O próximo xoves, no Forum Metropolitano, o colectivo de arquitectos "Desescribir" convoca unha nova reunión na que se presentará esta iniciativa ás 19:30

REDACCIÓN WEB O pasado sábado, 21 de Novembro, o colectivo Desescribir mantivo unha reunión informativa coas veciñas e veciños de Feáns no seu Centro Cívico para explicar a iniciativa "hortas na cidade dos barrios".

O colectivo de arquitectos animou aos veciños a ceder os seus terreos para configurar o banco de terras que sirva como base. Algúns veciños mostraron as súas dúbidas sobre temas de tipo legal así como respecto aos sistemas de xestión, pero en xeral a acollida da proposta foi positiva e xa se conta con varios veciños interesados en participar da iniciativa. A idea é propor mecanismos de xestión para que propietarios de terras na actualidade sen uso as podan ceder ou alugar a persoas de calquera zona da cidade, que carecen de terreos, e estean interesadas en traballalas como hortas e cultivos. Deste xeito preténdense explorar alternativas de futuro para as áreas rurais de A Coruña.

O próximo xoves día 26 de novembro ás 19:30 está convocada unha nova reunión no Fórum Metropolitano, na que se presentará esta iniciativa, Hortas na cidade dos barrios, a tódalas persoas da cidade interesadas en participar na mesma.

Durante a fin de semana do venres 27 ó sábado 28 de Novembro festexarase o inicio dos traballos de recuperación dalgúns dos terreos mediante a celebración dunha merenda comunitaria.

Esta actividade, coordinada polo colectivo de arquitectos "Desescribir", é o cuarto obradoiro dentro da iniciativa "A Cidade dos Barrios", que está impulsada pola Delegación de A Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e dirixe o estudio de arquitectura MMASA.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009