Single do seu quinto disco que verá a luz no 2010

Berrogüetto presenta o seu novo single Danza de Meirol

 21:18  
Berrogüetto presenta o seu novo single Danza de Meirol
Berrogüetto presenta o seu novo single Danza de Meirol 

A partir de mañá poderase descargar de xeito gratuito na páxina web de R

REDACCIÓN WEB O próximo domingo 29 Berrogüetto ofrecerá un pequeno set acústico para presentar o seu novo single Danza de Meirol, que se completará coa sinatura de discos. Será en Palexco ás doce da mañá no marco de AchegArte, espazo de encontro e intercambio da industria cultural galega.

Berrogüetto publicará o seu novo disco, Kosmogonías, no próximo 2010, coa novidade de introducir por primeira vez unha voz masculina, a de Xabier Díaz, novo integrante da formación desde a marcha de Guadi Galega en xaneiro do 2008.
Trátase do quinto traballo de Berrogüetto que eles mesmos definen como "punto de partida por excelencia ao Big-Bang, o triunfo da materia sobre a antimateria, unha reflexión entre a humanidade e o universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema máis xusto".

AVANCE NA WEB DE R
Danza de Meirol, o primeiro single de Kosmogonías pódese descargar de xeito gratuíto e en exclusiva na web de R (www.mundo-R.com) desde mañá, 26 de novembro. Danza de Meirol baséase na tradición e foi recuperada gracias ao traballo de campo de Berrogüetto mediante o que compilan os sons e as voces de Galicia, en moitas ocasións vivos só de maneira oral. Danza de Meirol foi recollida por Berrogüetto respectando a lírica tradicional e, seguindo o estilo definido polo grupo, evoluciona a través dun tratamento contemporáneo.

  HEMEROTECA
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya