O´Rivas reconpón as cachizas

Manuel Rivas presenta en Santa Comba ´Os Grouchos´, un libro de artigos xornalísticos que cuestiona "a idea de Galicia esquinada".

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

CARMEN VILLAR. SANTA COMBA. Nin en Santiago, nin na Coruña nin en Vigo. Santa Comba. Manuel Rivas (ou O´Rivas, como asina no seu último libro) escolleu esta vila para presentar onte a súa Os Grouchos, un libro de artigos xornalisticos. A razón: plantexamento "ecolóxico" da cultura no que avoga pola "descentralización".
No seu intre puxo de moda o lapis do carpinteiro e agora leva na man unha ferramenta tamén moi do oficio: un nivel: "O nivel -explica- para min sempre foi unha ferramenta máxica, é coma o ollo do xornalista. O xornalista ten que procurar recompoñer o que está feito cachizas. Iso segue sendo importante no xornalismo, porque no mundo de hoxe vese todo moi desfiañado. Coma se non houbese causas e efectos. Eu penso que unha das funcións nosas é concluír a costura desas cachizas e establecer sobre todo unha relación de causas-efectos. Malia tódalas dificultades que hai e os condicionamentos, en conxunto vaise cumprindo esa misión fundamental. A peor mentira é o silencio".
"Aínda que haxa unha deformación dunha noticia ou unha versión interesada, polo menos propicia que non fique en silencio. O que é terrible é a invisibilidade e o silencio, por iso escollín a portada dun cadro de Castelao que está en América. Para min equivale aos Fusilamentos do 3 de maio ou ao Gernika. Eses rapaces significan que o xornalismo ten que loitar contra dúas constantes nefastas, dous problemas que se deron moito na nosa historia: o que non se pode ver e o que non se pode dicir. Hai un título dos Desastres da guerra de Goya que se titula No se puede mirar de tan terrible".
Rivas pronúnciase sobre literatura e xornalismo: "Considero que hai diferencias pero máis que nada teñen que ver co valor. Para min o importante é a mirada, e a mirada do xornalista e do escritor teñen que coincidir nesa necesidade de dar a ver".
"Penso ademais -engade-que é un momento bo o que estamos a vivir en Galicia no xornalismo de opinión. Non só nos medios máis convencionais, senón tamén nas radios e tamén nos blogs, é moi interesante. Para min equivale moito ao momento que se viviu do abrente romántico en prensa. Un dos obxectivos do libro é cuestionar a idea de Galicia esquinada", conclue Manuel Rivas.

COMPARTIR
 

Comente esta noticia



  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas