Barreiro: ´Estamos preocupados polo galego ante o cambio de goberno´

"Os rapaces de agora, aínda que non o falen, escriben galego e enténdeno, teñen os instrumentos necesarios", estima o presidente da academia da lingua galega

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Xosé Ramón Barreiro. / carlos pardellas 

AXENCIAS | SANTIAGO O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, amentou a "preocupante" situación que atravesa actualmente a lingua galega, a falta dunha semana para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2009, que este ano protagoniza a figura do escritor e ensaísta do concello lucense de Láncara Ramón Piñeiro.

Xosé Ramón Barreiro, que rexenta a presidencia da Real Academia Galega dende o ano 2001, licenciouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma en 1963 e posteriormente en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Precisamente, a celebración do 17 de maio coincide cunha manifestación en Santiago "en defensa do galego" convocada pola entidade A Mesa pola Normalización Lingüística, en resposta ás medidas anunciadas pola actual Xunta de derrogar o decreto que regula o uso do idioma no ensino.

Así, Barreiro aclarou, nunha entrevista concedida a Europa Press, que este panorama de "belixerancia" respecto á política lingüística "é unha cuestión que se provoca". "Pola lingua estamos preocupados, sobre todo polo cambio de goberno,", lamentou.

O responsable da RAG asegurou tamén que "non se sabe que vai pasar" en materia de normalización, polo que espera unha "situación incerta", aínda que aclarou que "este panorama non afecta á celebración das Letras Galegas". "Sempre celebramos este acto e á RAG ninguén lle impón un calendario", manifestou Barreiro.

Ramón Piñeiro, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2009, está considerado unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX clave para conseguir a continuidade deste tras a Guerra Civil española. Ademais, foi un dos fundadores da editorial Galaxia e da revista Grial e presidiu o Consello da Cultura Galega dende 1983 ata a súa morte, en 1990.

"Unha personalidade que desborda os límites da normalidade, e mantivo a fidelidade á cultura galega", sinalou Barreiro en referencia ao polifacético artista lugués.

"Previu para o futuro unha democracia para a que se tiña que preservar a identidade de Galicia e por iso foi formando cadros, persoas e líderes para que cando chegase o momento este país tivese condutores para a súa identidade", recordou: "Máis que unha obra filosófica, a súa importancia esta en todo isto".

Así, avanzou que a RAG celebrará unha sesión académica no concello lugués de Láncara -onde naceu Ramón Piñeiro- no que participarán "tres destacados membros da academia".

Ademais, realizarán unha ofrenda floral a Ramón Piñeiro "no lugar onde se mantén viva a memoria deste autor" e agradeceu a actitude "moi positiva" tanto das autoridades políticas coma por parte das asociacións implicadas.

O marco no que se celebrarán este serie de actos en homenaxe á figura de Ramón Piñeiro mostra como Galicia perdeu a metade dos galegofalantes nos últimos dez anos, segundo os datos do mapa sociolingüístico da RAG.

Sobre isto, Barreiro descartou que o proceso normalizador do idioma provocase un desencanto entre a poboación -alertaba estas semanas un artigo da FAES, a fundación que preside José María Aznar- xa que esta norma "encaixou ben". "Tratábase de eliminar un conflito permanente nos colexios e nas escolas, e foi unha solución pacífica e aceptada".

Por outro lado, criticou a castelanización vixente en varios sectores, como é o caso dos medios de comunicación. "Estanse a especializar en castelán e evitan a utilización do galego", lamentou ademais de estimar a presenza da lingua propia de Galicia en "a penas un 5%" dos contidos.

Pola contra, asegurou que se trata "dun dos mellores momentos da literatura galega", no que xorden novas promesas e creadores sobre todo dende a óptica da poesía, o ensaio, a literatura xuvenil e a novela.

Así, aínda que indicou que "non todo o que se produce é de altísimo nivel", é un feito que se reproduce tamén "no caso do castelán ou o catalán".

"É unha crise de falantes, non de escritores,", defendeu Barreiro, quen confiou tamén en que, a pesar dos datos sobre a perda de falantes, "permanecerá a fidelidade ao consumo literario en galego". "Os rapaces de agora, aínda que non o falen, escriben galego e enténdeno, teñen os instrumentos necesarios", declarou o presidente da RAG.

COMPARTIR
 

Comente esta noticia

 Envíenos desde aquí su comentario
Texto:
Nombre:
Normas: - Esta es la opinión de los internautas, no de LAOPINIONCORUNA.ES.
- No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.
- Reservado el derecho a eliminar, o extractar, los comentarios que consideremos fuera de tema.
- No está permitido realizar publicidad a través de los comentarios
- Se penalizarán los comentarios escritos completamente en Mayúsculas.
- Se penalizarán los comentarios que superen los 1000 caracteres. Para comentarios de mayor extensión, recomendamos usar nuestro canal de opinión ciudadana Enmiopinión.
- No se publicarán comentarios realizados que desde una misma IP, utilizada en otro comentario, firmen con otro nombre.
- No se publicarán insultos, ni faltas de respeto, a personas públicas, personas privadas o colectivos.
ENCUENTROS DIGITALES

Ginés charlará con los internautas
El bailarín finalista, de la categoría por parejas, del concurso televisivo FAMA, responderá a las preguntas de los internautas este miércoles a las 17.00. Participa y envía tu pregunta
► Envia ya tu pregunta
  Encuestas de actualidad
¿Cree que la Xunta debe dar ayudas para la compra de coches?
  Sí
  No
  NS
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
26%
No 74%
NS 0%
 
Ver más encuestas »
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas