os camiños da vida

Da utilidade da lingua finlandesa

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

X.L. MÉNDEZ FERRÍN Cando eu nacín, en 1938, había só vinteún anos que Finlandia se independizara do dominio de Suecia. Durante uns tres séculos, o finés ou finlandés estivo reducido á condición de patois ou lingua oral e subalterna das clases inferiores en canto o sueco era a lingua superior das administracións públicas, do exército de ocupación, do diñeiro, dos terratenentes e dos tribunais de xustiza. O finlandés, defendido apenas polos patriotas e conservado polas camadas populares, non superou a súa condición miserábel máis que a partir da independencia producida en 1917 a consecuencia da Revolución rusa de Outubro. No século XIX a literatura finesa saíra da oralidade (co Kalevala) e convertérase en literatura culta e escrita.

A medida que Finlandia, no século XX, se facía ceibe e neutralista no plano internacional, a lingua propia afortalábase e o sueco retrocedía deica o estatus de segunda lingua, de carácter cooficial. Como todos os países que coñeceron a humillación lingüística, a Finlandia independente é respectuosa coas minorías. As comunidades lapona, carelia, livvi, de linguas semellantes ao finlandés, son protexidas nas súas respectivas peculiaridades.

O finés, da familia finoúngria, é un idioma sumamente diferente da mioría dos falados no noso Continente, case todos indoeuropeos. O único estado de Europa cuxo idioma garda parentesco co finlandés é Estonia. Por iso a comunidade finlandesa ofrece, para algúns, un certo aspecto de singularidade ou insularidade lingüística, como ocorre coa vasca e coa húngara, digamos. Os finlandeses non viron esta súa condición coma un mal nin como unha maldición bíblica. Antes ao contrario, a plena asunción da súa diferenza impeleunos ao multilingüismo, sempre partindo de que a propia é a lingua que os fai ser eles mesmos no mundo. Todos saben en Finlandia que o finlandés representa a identidade nacional e a cultura propia e que o sueco só é un residuo da colonización e do imperialismo de antano. Reducido o sueco tamén en Suecia á condición de lingua vernácula ou doméstica, os finlandeses seguen a recoñecelo por respecto á minoría que aínda o usa e por lles proporcionar boas liñas de contacto co reino veciño: en Suecia case ninguén sabe finlandés pro en Finlandia case todos saben sueco. Por parte, alén de dispór dun sector de poboación con bons coñecementos de ruso, os finlandeses avanzaron, sobre todo na segunda metade do século XX, na adquisición do inglés como lingua de trasfego internacional.

En Finlandia, pois, vive e traballa un pobo que ama, practica, estuda e protexe o seu propio idioma e que, ao mesmo tempo, protexe os das comunidades minoritarias que no seu territorio existen, incluído o dos antigos orpresores. O que non lle impide botar man, por utilitarismo, doutras linguas que lles poidan servir para as relacións exteriores.

Eu non sei se a cita non será apócrifa, pro élle atribuído a Baraja o dito de que "o nacionalismo se cura viaxando". A verdade é que cada vez que eu viaxo fora de España, inclusivemente a Valença do Minho, regreso a Galicia máis nacionalista galego. Eu penso que os do Club Financeiro de Vigo/ Galicia Bilingüe deberían viaxar a Finlandia. Alí verían que a "rara" e isolada lingua nacional lle resulta verdadeiramente útil ao seu pobo para este dotarse do mellor sistema educativo de Europa e para ocupar o posto décimo no Indicativo de Desenvolvemento Humano (esperanza de vida, alfabetización de adultos, escolaridade xeral, PNB real por habitante). Se estes galegófobos fixeran tal estadía seguramente poderían curarse do seu nacioalismo burgalés e chegarían a comprender o último comunicado que, so o título de Unha lingua para todos, acaba de lanzar a Academia Galega á opinión pública.

COMPARTIR
 

3 comentarios

Comentario enviado el día 15-05-2009 a las 15:03:50
Gostaríame moito que alguen poidese dicirme iso de que o galego imponse sobor do castelán,pero que o faga cos boas exlicacións o non con isos tópicos de rúa.O galego non e de hoxe,o galego e mais vello que o castelán,o galego xa se falaba eiqui cando,por cuestión históricas xa coñecidas,foi pouco a pouco "eliminado" ata deixale coma cosa de pailans,gañanes e xente de pouca cultura,o galego si atópase en perigo,o castelán non,isa e a realidade o demais son parvadas.
Autor: Uxía do rebolo.
Comentario enviado el día 15-05-2009 a las 14:58:08
senor mio aqui un que gracias adictadores como vostede non ten nin aprimaria pero sabe distingir espana de finlandia estamos aonos luces en todas las materias sija viasando a valenca pobres portugesinos cuando se escriva un articulo vesa vostede as diferencias o no escriva
Autor: un suico
Comentario enviado el día 15-05-2009 a las 11:16:46
Sr. Méndez, comezareí dicindo que eiqui os únicos galegófobos que vexo son os que insultan a miles de galegos polas suas opinións e por defender as suas ideas, entre eles atopase vostede que vistos os seus artigos vese que tenlle fobia a centos de miles de galegos polo que é centos de miles de veces galegófobo.
Continuareí dicindo o galegófobo Sr. Mendez que os do "os do Club Financeiro de Vigo/ Galicia Bilingüe" estarían felices se en Galicia tivesemos, no referido as linguas, o modelo educativo de Finlandia onde os pais poden elexir a lingua na que vanse educar os seus fillos, sexa esta finés, Sueco o outra calquera; asemade estou seguro que "os do Club Financeiro de Vigo/ Galicia Bilingüe" serían felices se vivisen nunha CCAA que estuda e protexe os seus propios idiomas e que, ao mesmo tempo, protexe os das comunidades minoritarias que no seu territorio existen, por desgracia en Galicia o que temos e a imposición dunha das nosas duas linguas, o galego, e a marxinación da outra.
Autor: Xaquín Diéguez


  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas