O PROXECTO PIONEIRO, FINANCIADO EN PARTE POLA XUNTA, PRESENTASE HOXE NO SALÓN DO CÓMIC 

O primeiro xogo de rol en galego chegará ás librarías este outono

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Ilustracións do xogo, por Víctor Rivas. / la opinión 

`As crónicas de Gáidil´, ilustrado por Víctor Rivas, é un xogo de ambientación castrexa onde vilas como A Coruña, Vigo e Santiago mudan de nome e ocultan tesouros.

MAR MATO Mar Mato.Vigo

Un xogo de ambientación castrexa nunha Galicia mítica onde vilas como Vigo, A Coruña, Santiago ou Ourense mudan de nome. Unha serie de aventuras con heroes, orcos e inimigos mesturadas en batallas e buscas de tesouros. As crónicas de Gáidil son todo o anterior e, por se non fora abondo, o primeiro xogo de rol en galego. Unha proposta da editorial Difusora de Letras que chegará ás librarías a finais de setembro ou principios de outubro.

Henrique Torreiro, editor do libro, fala das coidadas ilustracións da obra -medio cento das que mostramos algunhas nesta páxina- a cargo de Víctor Rivas, un ilustrador galego de sona. Torreiro fala tamén dos escritores das aventuras, "dous mestres de inglés de Primaria", Nacho Rodríguez Domínguez e Pablo Fernández Otero.

Ámbolos dous levan "anos pulindo o xogo", explica o editor quen lembra que "xa tiñan intentado facer dous xogos de rol antes pero só este o levaron ata o final. Non só tiveron que elaboralo senón xogar partidas e partidas para ver se as cousas ían ben".

Facer realidade un soño non só precisou de ideas senón tamén de cartos postos pola editorial así como pola Dirección Xeral de

Xuventude.

Torreiro engade que "quizais Crónicas de Gáidil abra unha moda e faga que máis empresas se interesen polos xogos de rol".

"Pareceunos unha iniciativa moi interesante; cremos que hai que ter un capítulo lúdico na vida. Os xogos de rol son unha parte no mundo editorial galego non moi cultivada. O rol ten tópicos como cando sae nos medios ás veces por noticias escabrosas. Sen embargo, é un xogo que pode ser máis positivo", explica Torreiro.

Autores e editor agardan a presentación do xogo hoxe en A Coruña no Salón do Cómic Viñetas desde o Atlántico que se desenvolverá ata o vindeiro sábado.

COMPARTIR
 



  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 
  Aviso legal
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas