ÚLTIMA HORA
Conflito linguïstico 

Os gardiáns da lingua

Catro novas plataformas en defensa do idioma botaron a andar en Galicia nos últimos seis meses. Hoxe percorrerán as rúas de Santiago para mostrar o seu rexeitamento á política lingüística da Xunta

 01:04  

As rúas de Santiago volverán a encherse hoxe de pancartas e lemas reivindicativos a favor do galego, durante a multitudinaria manifestación en defensa do idioma convocada pola plataforma Queremos galego. Este colectivo, integrado por 447 entidades e encabezado por A Mesa pola Normalización Lingüística, acusa á Xunta de querer reducir a presenza do galego en ámbitos coma o ensino, o comercio ou mesmo a propia Administración. Non é o único. Outras plataformas, coma Galego, patrimonio da humanidade, Prolingua ou Cambia Galicia tamén mostran o seu rexeitamento á política lingüística do Goberno autonómico

MARÍA DE LA HUERTA | A CORUÑA A política lingüística que o PP ven aplicando dende a súa chegada á Xunta, hai apenas seis meses, segue a levantar polvareda entre os defensores do galego. Ao incesante goteo de novos colectivos a favor do idioma unirase, esta mañá, a celebración, en Santiago (12.00 horas, Alameda), dunha multitudinaria manifestación convocada, precisamente, por unha desas novas plataformas, Queremos galego, pero á que tamén teñen confirmada a súa asistencia os literatos Avelino Pousa Antelo, Teresa Moure, Manuel Rivas e Bernardino Braña; o teólogo Andrés Torres Queiruga; a gaiteira Susana Seivane ou o dramaturgo Manuel Lourenzo, entre outros persoeiros.

. Queremos galego. Queremos Galego é a plataforma convocante da manifestación de hoxe en Santiago e, tamén, a máis numerosa, pois engloba a 447 entidades sociais e máis de 3.000 persoas baixo o denominador común de esixir ás institucións públicas que non tomen medidas "que desprotexan ou reduzan a presenza do galego en ningún ámbito". O colectivo, no que participan A Mesa pola Normalización Lingüística, a CIG, o BNG, Esquerda Unida, o Sindicato Labrego Galego, a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou fundacións coma Castelao e Pedrón de Ouro, entre outras, constituiuse formalmente o pasado 14 de xullo. O seu portavoz e vicepresidente de A Mesa, Fran Rei, lembra que Galicia ten "unha lingua propia, orixinaria, sinal de identidade colectiva, patrimonio inmaterial e irrepetible" e afirma que a maioría da sociedade "quere protexela e normalizala, con independencia da súa ideoloxía individual". Na mesma liña, o director da revista Retranca, Kiko da Silva, reclama o "dereito a loitar para que o galego non desapareza" e lamenta que as viñetas de Castelao sobre caciques e perseguidores do idioma "estean de actualidade". "Se perdemos o humor galego perderemos un xeito de entender o mundo que é único", considera Da Silva, quen ademáis anima a "vivir en galego na era das novas tecnoloxías" e chama a se manifestar "non só pola defensa do idioma, senón por acadar unha sociedade tolerante". "É preocupante que, por cuestións que van máis alá do significado dunha lingua, un Governo teña prexuizos", conclúe.

. Galego, patrimonio da humanidade. Esta plataforma, que tamén conta co respaldo de persoeiros de diferentes ámbitos da sociedade galega, coma os deputados do PSdeG Francisco Cerviño e Xaquín Fernández Leiceaga, a ex conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, o escritor Suso de Toro, os sindicalistas Antonio García e Ricardo Torres de UGT ou Jesús Penedo de CCOO, reuniu máis de 5.000 apoios dende a súa creación, o pasado mes de xuño. A iniciativa -que o vindeiro 14 de novembro celebrará "un acto de reflexión en defensa do galego" en Santiago-, aboga pola "restauración do consenso" e a "defensa do marco normativo dos últimos 26 anos", segundo explica un dos seus portavoces, Agustín Bahamonde, quen atribúe a "ofensiva contra o idioma" da Xunta a unha intención do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, por "agradar a Madrid". "É ben sabido por todos que o señor Núñez Feijóo ten aspiracións fóra de Galicia para ascender no PP", sinala. Pola súa banda, outro dos simpatizantes de Galego, patrimonio da humanidade, Henrique Monteagudo, enmarca a plataforma "fóra de calquera afán exclusivista ou de monopolio da defensa do idioma" e pide que a manifestación de hoxe sexa "unha expresión de toda a pluralidade" que hai na sociedade. Monteagudo tamén critica o "conflito" creado arredor das linguas que xenera "dúas Galicias en pararelo", e lamenta a dobre moral da Xunta e de Galicia Bilingüe, ás que acusa de "esgrimir o bilingüismo e o dereito a decidir" mentres defenden "o monolingüismo en castelán" e aplican ese dereito "só para algunhas cousas".

. Prolingua. É un dos últimos colectivos constituídos para a defensa do galego. Definido como "apartidario" e "plural", os seus obxectivos pasan pola consecución da oficialidade real do galego e a súa normalización en ámbitos ata agora excluídos coma a empresa, a xustiza ou os medios de comunicación. Arredor de mil persoas asinaron xa o seu manifesto fundacional, que se pode suscribir a través da páxina web da plataforma -www.prolinguagalega.org--. O único requisito para pertencer ao grupo é o compromiso coa lingua galega e a defensa da súas utilización tanto no eido público coma no privado. "A lingua galega é o máis prezado patrimonio inmaterial do pobo galego. É o único que nos identifica co que somos, galegos e galegas, e o que nos dá lugar neste mundo", resalta o manifesto, que conta co respaldo de persoeiros de ideoloxías tan dispares coma Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira ou Rafael Cuíña, fillo do ex deputado, conselleiro e secretario xeral de PP de Galicia Xosé Cuíña. "Hai grupos de presión contra o idioma coma Galicia Bilingüe, que eu considero antigaleguistas, que o están a atacar", subliña Cuíña, quen afirma que Prolingua pretende erixirse "en favor do galego e non en contra de ninguén". Aínda que, polo momento, non ten ningunha acción concreta perfilada, a plataforma tamén asistirá hoxe á manifestación de Santiago e, máis adiante, convocará os seus propios actos reivindicativos en favor do idioma.

. Cambia Galicia. Este colectivo, promovido pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, quere desmontar os prexuizos existentes en torno ao idioma de Galicia "e facer agromar un sentido de orgullo polo propio de forma creativa", explican os seus responsables. Para levar a cabo este obxectivo, utilizan ferramentas coma o diálogo, o teatro na rúa ou a música. De feito, os pasados días 18,19 e 20 de setembro, a plataforma organizou unha curiosa iniciativa para defender o galego, consistente nunha marcha entre os municipios de Ribadeo e Mondoñedo, en Lugo, "falando coas persoas de forma informal e tamén de xeito máis organizado, nas vilas do camiño". Outra das actividades que barallan de cara ao futuro consiste "na convocatoria dun pequeno concurso enfocado, sobre todo, á mocidade, no que durante 30 segundos terán que dar ideas sobre a importancia do galego e sobre cómo e por qué defender o idioma", explican.

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus
 

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 
Concursos LNE
CONCURSO

El peque de la casa

Vuelve el Peque da la Casa con la colaboración del  Corte Inglés.
LA REFORMA LABORAL
Envíanos tus dudas sobre la nueva reforma laboral

Expertos en salud auditiva e ingeniería acústica resuelven vuestras dudas

¿Tienes dudas sobre tu salud auditiva? Expertos en salud auditiva e ingeniería acústica resuelven vuestras dudas. Más información

Colabora: 

 

Galicia

 
Vista del lago y la central térmica desde la montaña de la escombrera

Un lago para ocio y producción de energía

La Xunta y la compañía energética negocian los usos turísticos e hidráulicos del yacimiento . La playa, a la sombra de la central, supera los 30.000 metros cuadrados y la temperatura del agua alcanzará los 24 grados

 
Categorías:
Provincia:

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

Venta de pisos

Piso en venta con 87 m2, 3 dormitorios en Narón

Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 91 m2, 3 dormitorios en Ferrol

Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 98 m2, 3 dormitorios en Ares

Piso, con 98 m2, A reformar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más

Piso en venta con 110 m2, 2 dormitorios en Ferrol

Piso, con 110 m2, A reformar, 2 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garajever más

Casa en venta con 60 m2, 3 dormitorios en A Coruñ

Casa, Independiente con 60 m2, A reformar, 3 dorm, cocina Equipada, ver más

Piso en alquiler con 50 m2, en A Coruña Capital,

Piso, con 50 m2, 1 baños, .ESTUDIO DE 50 M2 CON AMPILIA ESTANCIA DIver más

Piso en alquiler con 80 m2, 3 dormitorios en A Co

Piso, con 80 m2, 3 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO DE 80 M2 DISTver más

Piso en alquiler con 135 m2, 3 dormitorios en A C

Piso, con 135 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) dever más

Piso en alquiler con 60 m2, 2 dormitorios en A Co

Piso, con 60 m2, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, amuebladover más

Casa en alquiler con 370 m2, 5 dormitorios en Sad

Casa, Adosado con 370 m2, A estrenar, 5 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 2 ver más

CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya