Mobilización contra a política lingüística

50.000 persoas protestan en Santiago contra os ´ataques´ da Xunta ao galego

Convocados por Queremos Galego e apoiados polos partidos da oposición, os manifestantes entenden que o Goberno galego invalida medidas de promoción da lingua

 09:12  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Participantes na marcha en defensa do galego, onte, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
Participantes na marcha en defensa do galego, onte, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela. EFE
 NOTICIAS RELACIONADAS

X. A. TABOADA / SANTIAGO A plataforma Queremos galego mostrou onte polas rúas de Santiago a contestación social coa que conta a política lingüística da Xunta. Unhas 50.000 persoas —case o dobre segundo a organización—, mobilizáronse contra o que consideran un ataque ao idioma galego por parte do goberno do PP, plasmado en medidas como a derogación do decreto que regula o galego no ensino, a consulta aos pais sobre o idioma, a supresión de axudas para a tradución de libros e a reforma da Lei de Función Pública que suprimiu a obrigatoriedade de facer un exame en galego nas oposicións.
Detrás desta "marea humana", como así lle chamaron, está unha plataforma respaldada por máis de 500 entidades de todo tipo e 3.000 particulares, pero tamén os sindicatos e os dous partidos da oposición, o PSOE e o BNG, que estiveron representados polos seus máximos dirixentes. Ate estivo o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. "Identifícome plenamente con Galicia e co que estou facendo. Defender a lingua dos meus avós, dos meus pais e a miña, porque tamén quero que sexa a dos meus fillos", dixo o ministro, que non dubidou en sinalar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma o "principal perigo do galego".
Foi tanta a xente que acudiu que fixo pequena á manifestación convocada no Día das Letras Galegas, na que participaron unhas 20.000 persoas, e obrigou a repetir o acto final de lectura dos manifestos para que entraran todos os participantes. Nin un paso atrás, Aprender en galego non é un delito ou Polo dereito a vivir en galego foron algunhas das consignas cantadas durante todo o percorrido e os lemas das numerosas pancartas. Os únicos incidentes producíronse cando un grupo de participantes tirou globos con pintura contra as lunas e os caixeiros automáticos de diversas entidades bancarias, que quedaron varias horas inutilizados.
No centro de todas as críticas estiveron o PP e a Xunta, aos que acusan de invalidar "medidas positivas" de promoción do galego e recortar dereitos. Fran Rei, coordinador de Queremos galego, a actriz Patricia Vázquez, Avelino Pousa Antelo ós seus 95 anos, Carlos Callón —presidente de A Mesa— e o polifacético Xurxo Souto foron os responsables de porlle voz ás reinvidicación dos milleiros de personas que ateigaron Santiago. Sobre todo, queren que o Goberno dea marcha atrás na súa política e recupere os logros acadados durante toda a etapa democrática porque, dixeron, por "primeira vez" unha Administración non só non defende a lingua propia, senon que a ataca.
Calificativos como "arrogante", "chulo" ou "prepotente" foron adicados a Feijóo. "Este ataque pode ser un motivo para o reverdecer do noso idioma como o Prestige significou na defensa da costa", bramou Callón.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística cre que a pesares da mobilización, Feijóo vai seguir "xordo". "Pero un presidente serio e responsable debe aplicar o consenso e as leis, que é o que defendemos aquí", dixo, para quen o Goberno non só está instalado na "galegofobia" senón que ademais practica o "racismo lingüístico".
"Que treman os arrecastados e que treman eses que pensan que poden dispor da lingua como queiran. Se os galegos somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua", soltou Pousa Antelo ante unha praza da Quintana abarrotada.
"¡Fóra preguiza! Cómpre dar un paso adiante porque esta é una gran causa política e non partidista", espetou o coruñés Xurxo Souto.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009