Mobilización contra a política lingüística autonómica 

Unhas 50.000 persoas protestan en Santiago contra os ´ataques´ da Xunta ao galego

Convocados por Queremos galego e apoiados polos partidos da oposición, os manifestantes entenden que o Goberno invalida medidas de promoción da lingua, coma o decreto do ensino, e recorta libertades

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Participantes na marcha en defensa do galego, onte, na praza da Quintana de Santiago. / efe
Participantes na marcha en defensa do galego, onte, na praza da Quintana de Santiago. / efe 
 NOTICIAS RELACIONADAS

X. A. TABOADA | SANTIAGO A plataforma Queremos galego mostrou onte polas rúas de Santiago a contestación social coa que conta a política lingüística da Xunta. Unhas 50.000 persoas -case o dobre segundo a organización-, mobilizáronse contra o que consideran un ataque ao idioma galego por parte do goberno do PP, plasmado en medidas como a derogación do decreto que regula o galego no ensino, a consulta aos pais sobre o idioma, a supresión de axudas para a tradución de libros e a reforma da Lei de Función Pública que suprimiu a obrigatoriedade de facer un exame en galego nas oposicións.

Detrás desta "marea humana", como así lle chamaron, está unha plataforma respaldada por máis de 500 entidades de todo tipo e 3.000 particulares, pero tamén os sindicatos e os dous partidos da oposición, o PSOE e o BNG, que estiveron representados polos seus máximos dirixentes. Ate estivo o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. "Identifícome plenamente con Galicia e co que estou facendo. Defender a lingua dos meus avós, dos meus pais e a miña, porque tamén quero que sexa a dos meus fillos", dixo o ministro, que non dubidou en sinalar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma o "principal perigo do galego".

Foi tanta a xente que acudiu que fixo pequena á manifestación convocada no Día das Letras Galegas, na que participaron unhas 20.000 persoas, e obrigou a repetir o acto final de lectura dos manifestos para que entraran todos os participantes. Nin un paso atrás, Aprender en galego non é un delito ou Polo dereito a vivir en galego foron algunhas das consignas cantadas durante todo o percorrido e os lemas das numerosas pancartas. Os únicos incidentes producíronse cando un grupo de participantes tirou globos con pintura contra as lunas e os caixeiros automáticos de diversas entidades bancarias, que quedaron varias horas inutilizados.

No centro de todas as críticas estiveron o PP e a Xunta, aos que acusan de invalidar "medidas positivas" de promoción do galego e recortar dereitos. Fran Rei, coordinador de Queremos galego, a actriz Patricia Vázquez, Avelino Pousa Antelo ós seus 95 anos, Carlos Callón -presidente de A Mesa- e o polifacético Xurxo Souto foron os responsables de porlle voz ás reinvidicación dos milleiros de personas que ateigaron Santiago. Sobre todo, queren que o Goberno dea marcha atrás na súa política e recupere os logros acadados durante toda a etapa democrática porque, dixeron, por "primeira vez" unha Administración non só non defende a lingua propia, senon que a ataca.

Calificativos como "arrogante", "chulo" ou "prepotente" foron adicados a Feijóo. "Este ataque pode ser un motivo para o reverdecer do noso idioma como o Prestige significou na defensa da costa", bramou Callón.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística cre que a pesares da mobilización, Feijóo vai seguir "xordo". "Pero un presidente serio e responsable debe aplicar o consenso e as leis, que é o que defendemos aquí", dixo, para quen o Goberno non só está instalado na "galegofobia" senón que ademais practica o "racismo lingüístico".

"Que treman os arrecastados e que treman eses que pensan que poden dispor da lingua como queiran. Se os galegos somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua", soltou Pousa Antelo ante unha praza da Quintana abarrotada.

"¡Fóra preguiza! Cómpre dar un paso adiante porque esta é una gran causa política e non partidista", espetou o coruñés Xurxo Souto.

COMPARTIR
 
 Buscador vivienda
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de
ENCUESTAS LA OPINIÓN

¿Qué opina de que la Xunta proponga unificar todos los aeropuertos?

SUPLEMENTOS

 ¿Y tú de qué vas?

Góticos, emos, lolitas, skaters, graffiteros… son algunos de los muchos movimientos sociales que tienen en la indumentaria, la estética y la música algunas de sus señas de identidad

Leer más
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
  nuestros blogs
 
Stay hungry, stay foolish
Evasèe
 
 
Pop, Rock, Jazz, Indie,...
Retro Música
 
 
Recopilación de citas
Citas Célebres
 
 
Blog personal de Adrián Moreno
Bloqnum
 
 
Blog gastronómico de Miguel Vila
Colineta
 
 
Experiencias de un novato en la mar
Marinero de agua dulce
 
 
Un blog sobre literatura
Pájaros de Papel
 
 
Blog sobre televisión
Aquí Mando Yo
 
 
Un blog un poco escéptico
No creo en el átomo
 
 
Historia y mapas de nuestras calles
Callejero
 
 
Blog de crítica de cine
En el cine no llueve
 
 
Blog de recetas
¿Qué como hoy?
 
 
Un estudiante cuenta su traslado
De Coruña a París
 
Blog personal de Sonia Seijas
Las Erinias
 
 
Entretenimiento canalla
El Barón Rojo 
 
 
Blog personal de Pilar Mera
Pi
 
 
la ciudad de ayer, contada hoy
La ciudad que viví
 
 
Blog de fotografía
A foco lento
 
 
Blog de Luis Ferrer i Balsebre
El tonel de Diógenes
 
 
Blog sobre videojuegos
 60 FPS
 
 
 Bitácora persoal de Óscar Losada
Producións Peludas
 
 
Blog de temática gay
Cantón Oscuro
 
 
Blog sobre arquitectura
Edificando
 
 
 Blog sobre verbenas e orquestas
Festa a festa
 
 
 Frases famosas
Frases Célebres
 
 
 
 
 VER MAS BLOGS »
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas