|
|
|
HEMEROTECA » |
|
X. A. TABOADA | SANTIAGO
A plataforma Queremos galego mostrou onte polas rúas de Santiago a contestación social coa que conta a política lingüística da Xunta. Unhas 50.000 persoas -case o dobre segundo a organización-, mobilizáronse contra o que consideran un ataque ao idioma galego por parte do goberno do PP, plasmado en medidas como a derogación do decreto que regula o galego no ensino, a consulta aos pais sobre o idioma, a supresión de axudas para a tradución de libros e a reforma da Lei de Función Pública que suprimiu a obrigatoriedade de facer un exame en galego nas oposicións.
Detrás desta "marea humana", como así lle chamaron, está unha plataforma respaldada por máis de 500 entidades de todo tipo e 3.000 particulares, pero tamén os sindicatos e os dous partidos da oposición, o PSOE e o BNG, que estiveron representados polos seus máximos dirixentes. Ate estivo o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. "Identifícome plenamente con Galicia e co que estou facendo. Defender a lingua dos meus avós, dos meus pais e a miña, porque tamén quero que sexa a dos meus fillos", dixo o ministro, que non dubidou en sinalar ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coma o "principal perigo do galego".
Foi tanta a xente que acudiu que fixo pequena á manifestación convocada no Día das Letras Galegas, na que participaron unhas 20.000 persoas, e obrigou a repetir o acto final de lectura dos manifestos para que entraran todos os participantes. Nin un paso atrás, Aprender en galego non é un delito ou Polo dereito a vivir en galego foron algunhas das consignas cantadas durante todo o percorrido e os lemas das numerosas pancartas. Os únicos incidentes producíronse cando un grupo de participantes tirou globos con pintura contra as lunas e os caixeiros automáticos de diversas entidades bancarias, que quedaron varias horas inutilizados.
No centro de todas as críticas estiveron o PP e a Xunta, aos que acusan de invalidar "medidas positivas" de promoción do galego e recortar dereitos. Fran Rei, coordinador de Queremos galego, a actriz Patricia Vázquez, Avelino Pousa Antelo ós seus 95 anos, Carlos Callón -presidente de A Mesa- e o polifacético Xurxo Souto foron os responsables de porlle voz ás reinvidicación dos milleiros de personas que ateigaron Santiago. Sobre todo, queren que o Goberno dea marcha atrás na súa política e recupere os logros acadados durante toda a etapa democrática porque, dixeron, por "primeira vez" unha Administración non só non defende a lingua propia, senon que a ataca.
Calificativos como "arrogante", "chulo" ou "prepotente" foron adicados a Feijóo. "Este ataque pode ser un motivo para o reverdecer do noso idioma como o Prestige significou na defensa da costa", bramou Callón.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística cre que a pesares da mobilización, Feijóo vai seguir "xordo". "Pero un presidente serio e responsable debe aplicar o consenso e as leis, que é o que defendemos aquí", dixo, para quen o Goberno non só está instalado na "galegofobia" senón que ademais practica o "racismo lingüístico".
"Que treman os arrecastados e que treman eses que pensan que poden dispor da lingua como queiran. Se os galegos somos galegos é por obra e gracia da nosa lingua", soltou Pousa Antelo ante unha praza da Quintana abarrotada.
"¡Fóra preguiza! Cómpre dar un paso adiante porque esta é una gran causa política e non partidista", espetou o coruñés Xurxo Souto.
|
|

Colabora:
Doña Letizia plantea en un seminario si es posible admitir que la prensa deportiva no siga al pie de la letra las reglas del lenguaje
Canal de Música FolkToda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.
| LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES | ||
LO ÚLTIMO |
LO MÁS LEÍDO |
LO MÁS VOTADO |
Piso, con 87 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 91 m2, A reformar, 3 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 98 m2, A reformar, 3 dorm, 2 baños, 1 plaza(s) de garaje,ver más
Piso, con 110 m2, A reformar, 2 dorm, 1 baños, 0 plaza(s) de garajever más
Casa, Independiente con 60 m2, A reformar, 3 dorm, cocina Equipada, ver más
Piso, con 50 m2, 1 baños, .ESTUDIO DE 50 M2 CON AMPILIA ESTANCIA DIver más
Piso, con 80 m2, 3 dorm, 2 baños, amueblado, .PISO DE 80 M2 DISTver más
Piso, con 135 m2, Buen estado, 3 dorm, 2 baños, Ninguna plaza(s) dever más
Piso, con 60 m2, 2 dorm, 1 baños, 1 plaza(s) de garaje, amuebladover más
Casa, Adosado con 370 m2, A estrenar, 5 dorm, 1 aseo(s), 2 baños, 2 ver más
| CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO | PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR |
|
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por |
|
|||||||
|
|||||||||