O académico Manuel Rivas, un dos primeiros en chegar ó mediodía de onte a sede da Real Academia Galega (RAG), manifestou: "Espero que haxa paz e que se evite a dialéctica de amigos e enemigos porque sería nefasto. O meu único partido é a Academia e no futuro ten que ser noticia por cumprir os seus obxectivos e polo seu traballo na defensa da lingua galega. Despois dun episodio de catarse que xa houbo dabondo ten que inaugurarse un novo tempo de paz, amor e tamén humor", asegurou. Rivas apoiou públicamente a candidatura que encabezaba González.

Henrique Monteagudo, xa como secretario, tomou tamén unhas palabras de Rivas, para aminorar a posibilidade de "fractura" no seo da RAG: "Como dixo Rivas no pleno, hai xente que tarda máis en curar, outra que tarda menos, pero a dinámica agora é a contraria; vimos do tensionamento crecente", abogou o sociolingüísta. Tamén Rosario Álvarez chamou a restaurar "pequenas feridas e continuar cara adiante" e dun xeito similar se posicionaron Torres Queiruga e Margarita Ledo, os outros integrantes da directiva que rexerá os designios da RAG nos próximos catro anos.