A cedeirense volta a unha gala na que estivo moitas veces presente porque os seus proxectos tiveron o beneplácito do xurado. Co antigo formato dos premios cantou con Berrogüetto, Nordestin@s, Espido, acompañada por Ugía Pedreira na homenaxe a Milladoiro e tamén como solista. Este ano pisará as táboas co cuarteto aCadaCanto.