A igrexa de San Martiño de Cores e o seu inmediato son xacementos romano e medieval, e aparecen así recollidos no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Ponteceso. A igrexa parroquial actual é un edificio orixinario do século XIII, con remodelacións no século XVIII, que forma parte do inventario do patrimonio cultural de Galicia. Ten a planta de cruz latina con dúas capelas cubertas por bóvedas de canón con arcos faixóns. O presbiterio está cuberto por unha bóveda de forno. Sobre a bóveda da sancristía descubreuse unha ara romana invertida. Destacan os retablos barrocos do altar maior e das capelas laterais e os muros están construídos en sillería de granito.

A fachada é de estilo barroco, cunha porta adintelada sobre a que ten unha hornacina cun santo, un vano cadrado e unha torre campanario que destaca sobre a construcción, formada por dous corpos: o inferior ábrese por medio de catro arcos de medio punto; o superior confórmase mediante unha lanterna rematada nunha cúpula. Os seus remates laterais son os pináculos típicos.