Inserir o galego nas novas tecnoloxías

12.01.2016 | 00:54

O conselleiro de Cultura recalcou como Digalego é un instrumento que ten ver coa "inserción do galego no proceso de modernización e innovación que se ten desenvolto en Galicia". "Quéiramolo ou non, a sociedade dixital é a do presente", proclamou. De feito, lembrou que a Consellería de Cultura e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia están a facer un esforzo para avanzar no cambio tecnolóxico nas áreas nas que teñen competencias. Así ocorre, enumerou, coa dixitalización das aulas dos seis últimos cursos do ensino obrigatorio, coa mellora da conectividade dos centros ou coa implantación do libro dixital gratuíto.

Pero tamén estes últimos, mesmo os que non utilizan libros en soporte papel, empregan as palabras, como subliñou Bieito Ledo: "Teñen que utilizar palabras, a ferramenta case única do mundo do ensino" e "que nos axuda a falar e a escribir".

Román Rodríguez tamén destacou que non só importa o medio, senón a "calidade" do produto, situado só a "un golpe de clic" dos usuarios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine