Alumnos do CIFP Someso e do IES Paseo das Pontes participaron esta semana en varias actividades da segunda edición do proxecto A Coruña emprende, -organizado pola Consellería de Educación, a Fundación Alcoa e este periódico- co que se pretende dar formación ós escolares coruñeses sobre a labor de emprender e formar a súa propia empresa. Nesta ocasión, os estudantes de Someso recibiron unha charla sobre motivación a cargo do coach Felipe García mentres que os alumnos de Paseo das Pontes asistiron a un taller no que aprenderon claves sobre o emprendemento dixital.

O obxectivo de este proxecto educativo -no que participaron máis de 1.800 alumnos e 60 profesores da Coruña e comarca na sua primeira edición- e fomentar o emprendemento entre os máis novos e mellorar a súa inserción laboral no futuro. Para iso, os menores reciben charlas ou acuden a talleres nos que aprenden claves de márketing online, cales son as fases do modelo de negocio desde que se ten unha idea e ata que se pon en marcha ou sobre cómo as novas tecnoloxías poden ser unha boa ferramenta para abrir a súa propia empresa.

A Coruña emprende 2 compleméntase con visitas dos alumnos a diferentes empresas, entrevistas con empresarios da zona e un concurso de idea de negocio e outro de proxectos que deben elaborar en grupos con outros compañeiros de clase.

Nesta segunda edición participan escolares -de Primaria, ESO e Formación Profesional- dun total de quince centros de A Coruña e a súa área metropolitana así como profesores de estos colexios.