ESPAZOS EDUCATIVOS

A Xunta formará aos docentes en primeiros auxilios

19.04.2016 | 00:59

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o titular de Sanidade veñen de unir forzas para mellorar e facilitar a intervención do profesorado galego ante posibles urxencias médicas nos centros educativos. Os dous conselleiros asinaron onte un convenio de colaboración para formar e habilitar aos docentes galegos en materia de prestación de primeiros auxilios, soporte vital básico e desfibrilación externa automática.

Ao abeiro deste acordo de colaboración entre Cultura e Educación e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o profesorado recibirá formación mixta -cunha parte online e outra presencial- e a través dos recursos conxuntos da Rede de Formación do Profesorado e a Fundación 061. E unha vez os docentes estean acreditados, establecerase un calendario de formación do alumnado de ESO, favorecendo así unha transmisión de coñecementos en cascada. Pola súa banda, a Fundación cederá o material docente. Ademais deste protocolo, a colaboración coa Consellería de Sanide abarca outros programas xurdidos ao abeiro do Plan Proxecta, como Clases sen fume, Salvavidas, Cociñando con saúde ou Xermoliño.

A Consellería de Educación tamén puxo en marcha o ano pasado o protocolo de Atención en Urxencias Sanitarias e Enfermidade Crónica, unha guía para o profesorado na que se recollen nocións para facilitar a primeira intervención no caso de posibles accidentes nos centros educativos, así como para mellorar a resposta ante enfermidades crónicas como a diabete.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


Enlaces recomendados: Premios Cine