Un obxecto tan cotián coma unha bata tamén protagoniza parte da exposición do Consello da Cultura Galega. A razón hai que buscala en que precisamente batas eran as prendas que se vendían na primeira empresa do fundador de Inditex, Amancio Ortega. "As batas foron as primeiras prendas sobre as que se alzou o actual imperio Inditex, empresa fundada por Amancio Ortega e Rosalía Mera en 1979", indican desde o Consello da Cultura Galega.

Foi a comezos dos anos 60 cando Ortega, a súa esposa e José Caramelo fundaron a empresa GOA, no que o producto estrela eran as batas femininas de boatiné. As vendas do produto multiplicáronse e co paso do tempo creouse a firma Zara, que abriu a súa primeira tenda na Coruña en 1975. Unha empresa que revolucionou o modelo de negocio e a maneira de producir no sector téxtil e que agora está presente por todo o mundo e conta con decenas de miles de empleados.