O 21 de decembro de 1980 os galegos tiveron que acudir as urnas no referendo sobre o estatuto de autonomía. Os carteis que se fixeron para fomentar a participación cidadá neste referendo tamén estarán presentes na expocisión Galicia 100 do Consello da Cultura Galega.

Unha fotografía dunha paisaxe galega protagonizaba os carteis que tiñan por lema na parte superior Anque chova, vota. Pídocho Galicia. O obxectivo era movilizar á poboación para que acudisen á votación sobre o estatuto de autonomía da comunidade galega.

Xa máis pequeno e na parte inferior o cartel presenta un mapa da comunidade coa bandeira galega na que podía lerse o motivo da convocatoria, xunto a un Vota en letras maiúsculas na parte dereita e finalmente na zona inferior do cartel, Xunta de Galicia.